Skip to Content

3º AVALIACIÓN

Estimadas familias, hoxe debería comezar a terceira avaliación, os rapaces deberían volver as aulas pero a situación que estamos a vivir non o vai permitir de momento.

Queremos seguir transmitindo moito ánimo para tod@s e sobre todo queremos que saibades que vos motamos moito de menos e que estamos desexando volver e que vos volvades ao cole. 

De momento todavía non hai instruccións acerca de como se vai  desenvolver o curso, e queremos informarvos das ultimas idicacións recibidas onte pola tarde por parte da Consellería de Educación:

"Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan."

Pola nosa parte, informarvos que en canto teñamos instruccións claras de como proceder informarémosvos de inmediato.

Con respecto as tareas e a súa organización, @s titor@s, profesor@s e o equipo directivo seguiremos poñéndonos en contacto como ata agora con vos, e poderedes seguir transmitindo as vosas inquedanzas a través das canles que se utilizaron ata agora, páxina web do centro, correo electrónico, teléfono, abalar mobil.

O máis importante agora e continuar na casa e seguir facendoo tan ben como ata agora, xa queda menos e pronto volveremos a vernos.

Moito ánimo.

A dirección.

 
 


page | by Dr. Radut