Skip to Content

3ª MISIÓN

Ola! Bos días!

A Raiña Dourada ten unha nova misión para os nenos e as nenas.

No archivo adxunto tendes un documento para que lean os nenos ou lle leades vós sobre a vida na época medieval.Ademaís dun pdf con ideas para facer a coroa.

Coma sempre, son actividades voluntarias e sempre as podedes adaptar ás vosas posibilidades e ás características dos vosos peques.

Para esta misión vamos pedirvos diferentes tarefas dependendo do curso así que, se queredes, podedes entrar no apartado de cada curso.

3ª MISIÓN

Queridos alumnos/as, preciso da vosa axuda para unha nova misión:

O Marqués de Carabás do reino de IRÁS E NON VOLVERÁS, invitoume a unha festa, pero teño un problema, non atopo unha coroa bonita para tal evento, polo que preciso que me fagades unha, pero ten que ser unha especial con moitas cores e cuns elementos moi especiais que vos conto a continuación, prestade moita atención para facela ben porque son uns dilemas para o Marqués.

 

A coroa ten que levar ademáis de todo o anterior:

 

4ºINF

-Tantas fabas como dedos tes nunha man.

-Tantas lentellas como nenos e nenas hai na clase de 3 anos(7)

-Tantos grans de arroz como o número de brazos tes.

 

A Raiña Dourada  e o seu equipo esperamos que vos atopedes todos moi ben. Moito ánimo e apertas.

AdxuntoTamaño
SUXERENCIAS PARA A REALIZACION DA COROA.pdf614.01 KB
Informacion para seguir aprendendo cousas da idade media.pdf519.23 KB


page | by Dr. Radut