Skip to Content

REPASO VOGAIS E NÚMEROS

 

Esta semana imos a repasar algunhas vogais e os números que xa coñecen.

 

Imos facelo de diversas formas:

 

-          Discriminación visual: os nenos e nenas deben buscar vogais nas palabras polas diferentes partes da casa, no dormitorio (contos, caixas de xogos, xoguetes..), no baño (gel, pasta de dentes), na cociña (paquete de legumes, botella de vinagre…) etc

 

Tamén poden intentar recoñecelas nos seus nomes ou no dalgún familiar, papá, mamá, irmáns…etc.

 

-          Discriminación auditiva: decir palabras que comecen ou que teñan unha determinada vogal.

 

 

 

-          Grafía das vogais: No cole xa traballamos a súa escritura asiq imos a practicar algunhas.

 

Déixovos nos seguintes enlaces algunhas cancións e contos que empregamos para aprendelos. Adxunto tamén algunhas fichas que podedes imprimir se tedes impresora na casa.

 

Que as repasen primeiro con lapis e logo cun rotulador e se nn tedes con pinturas.

 

- Canción do número 1

 

- Canción do número 2

 

 

- Canción da raíña A.

 

- Conto da raíña A.

 

- Canción do príncipe E.

 

- Conto do príncipe E.

 

 

 

Espero que os cativos se estean portando ben e levando estas semanas o mellor posible. Moito ánimo.

 

Seguiremos en contacto.

 

Un saúdo

 

AdxuntoTamaño
fichas a e 1 2.pdf760.66 KB


story | by Dr. Radut