ENTROIDO 2022

Este ano celebramos o Entroido no cole seguindo durante toda a semana os mandados do Pai Sarmiento, amigo da nosa ben querida Marquesa de Vilaxoán.

Como remate de festa o venres realizamos o noso particular Camiño de Santiago seguindo a "Ruta do Pai Sarmiento". Todo o alumnado vestido de peregrino ou de outras cousas relacionadas coa perenigración percorreu as distintas etapas polos arredores do colexio. En cada unha das etapas selláronlle o seu certificado de paso.

 

Unha vez chegados a Santiago, na nosa "praza do Obradoiro", bailamos a canción Terra das Tanxugueiras e repuxemos forzas comendo unha galleta conmemorativa do camiño.

Para a realización da actividade contamos coa colaboración da ANPA á que dende aquí queremos darlle as grazas.

VER VÍDEO ENTROIDO 2022