Educación Infantil

Apadriñamento lector

Hoxe celebramos o día do libro cun apadriñamento lector onde puidemos compartir momentos e experiencias entre persoas de distintos cursos. Preme na imaxe para ver as fotos.

ROSA CARAMELO E OUTRAS HISTORIAS

O martes 23 de abril,  o alumnado de Educación Infantil, celebramos o día do libro na Casa da Cultura coa obra de Rosa Caramelo e outras historias.

Cross escolar

O pasado 2 de febreiro asistimos no Campo de San Paio de Refoxos á Cross escolar, unha xornada deportiva na que participaron diversos colexios da zona. Estamos orgullosos de como se desenvolveu a xornada e do papel desempeñado polo noso alumnado.

Premede na foto para ver o álbum de como foi!

Visita Reis Magos e Apalpador

Bos días,

Estes días tivemos visitas moi especiais. Viñeron vernos os Reis Magos e o Apalpador! Podedes ver que ben o pasamos nesta galería de imaxes.

Álbum: Dinamización de Actividades Complementarias e Extraescolares -> Visita Reis Magos e Apalpador 23

Calendario de advento

Boas tardes,

Coma cada curso por estas datas, compartimos con vós este Calendario de Advento que preparamos con actividades do Nadal para realizar cada día a que corresponda. Esperamos que o desfrutedes.

 

25 N - Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

A semana do 25 de novembro estivemos realizando no colexio unha serie de actividades destinadas a reflexionar sobre esta realidade dos nosos días. Deixámosvos aquí un breve resumo que esperamos que desfrutedes.

Samaín 2023

O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Pasamos unha xornada de medo e misterio con contacontos, exposición de cabazas, disfraces e ambientación centrada nesta popular festividade celta. Aquí vos deixamos este vídeo para que poidades ver que ben o pasamos!

Powered by Drupal - Design by artinet