Novas

Nota informativa

Estimadas familias, a causa da ausencia da cociñeira dende o lunes 14 vimonos obrigados a facer cambios no menú. Esperamos voltar á normalidade o antes posible, pedimos desculpas.

Cambios no menú

Estimadas familias, con motivo da baixa da cociñeira o menú está sofrendo modificacións de última hora, pedimos desculpas.

INICIO COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Estimados pais, o comedor escolar é un servizo complementario de carácter educativo que, ademais de servir á administración educativa como factor importante para a escolarización, tamén desenvolve unha destacada función social e educativa. Así, os comedores escolares, ademais de cumpriren unha función básica de alimentación e nutrición, están integrados na vida e organización dos centros educativos de tal maneira que a súa programación, desenvolvemento e avaliación forma parte da programación xeral anual do centro educativo. E por eso que o Xoves 8 de Setembro comeza o servizo complementario de comedor do CEIP Plurilingüe Eugenio López para os alumnos admitidos no comedor escolar.

Os alumnos de infantil comerán nas súas aulas e os alumnos de Primaria farano no comedor nunha soa quenda.

As faltas de asistencia deberán ser xustificadas por escrito e antes das 9:45h da mañá do día que vai a faltar, os xustificantes colleranse e entregaranse en conserxería.

saída do servizo complementario de comedor será na seguinte orde:

           Infantil casa: 15:15h

           Primaria casa: 15:30h

           Transporte: 15:40h (excepto os Luns que saíran as 16:30)

           (Os horarios poderán demorarse os 2 primeiros días)

 

Adxuntos se encontran os xustificantes das faltas de asistencia e as normas básicas de convivencia 

 

 

 

COMEDOR 2022/2023

Estimadas familias:

Segundo a Instrución 2/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-2023, para poder ser usuario deste servizo haberá que entregar no centro o modelo de autodeclaración (Anexo II)  (A renda neta per cápita familiar corresponderá ao ano 2021).

Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta Instrución debidamente cuberta e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta.

Lembramos que a secretaría do centro permanecera aberta ata o 29 de xullo de 10:00 a 13:00.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Escaseza productos comedor

O "ABC" do consello alimentario na infancia

Estimadas familias, deixamos un enlace dunha guía de alimentación  para os nenos, con ideas e suxestións para mellorar a calidade nutricional dos nosos fillos.

 

https://vida-saudable.sergas.gal/cartafol/Consello-alimentario-infancia-Portada

Powered by Drupal - Design by artinet