Libros de texto / material

FONDO LIBROS 2002/2023

Publicada a listaxe provisional de axudas de libros de texto para o alumnado de Educación Primaria do vindeiro curso 2022-2023.

As vías para a consulta desta listaxe serán as seguintes:

  • Realizar chamada ao centro (881880455).
  • Enviar correo electrónico ao ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.gal
  • Acudir ao centro en horario de 10:00 a 13:00

Entrando en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e posteriormente no menú "Cidadáns". Poderase reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A listaxe definitiva publicarase o 22 de xullo.

Os vales, tanto para libros como para material, poderanse recoller no centro dos días 18 ao 29 de xullo.

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

O período para presentar as solicitudes está aberto desde hoxe ata o 22 de xuño.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente no propio centro. O horario de atención ao público é de luns a venres de 9:45 a 11:45 horas. Os pais/nais que teñan que realizar algún destes trámites deberán agardar a súa quenda fóra do recinto escolar e, tras premer o timbre, seguir as indicacións do persoal do centro.

As persoas interesadas deberán presentar o anexo I, anexo II e a documentación complementaria que se adxunta.

Así mesmo podedes consultar a orde do 6 de maio que regula o proceso e información xeral sobre o mesmo nos seguintes adxuntos.

Atentamente,

O equipo directivo

 

Powered by Drupal - Design by artinet