Actividades

CONTACONTOS: MORTO DE FAME DO HEMATOCRÍTICO (Venres 10 de maio)

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de Educación Primaria, escoitaron a David Rodríguez narrando o libro Morto de fame escrito por El Hematocrítico e con ilustracións de Mar Villar.

(Premer na foto para máis información)

 

VISITA A VIVEIROS A GRANXA (mércores 8 de maio)

Os escolares de 5º curso de Educación Primaria visitaron os Viveiros A Granxa de Cee.

Clica na foto para máis información

O castiñeiro de cores

Hoxe foi un día moi especial, as nenas e os nenos de catro anos presentamos o noso libro O castiñeiro de cores. As nosas familias acompañáronnos  e  escoitáronnos atentamente.

 Grazas a todos e todas por vir.

Apadriñamento lector

Hoxe celebramos o día do libro cun apadriñamento lector onde puidemos compartir momentos e experiencias entre persoas de distintos cursos. Preme na imaxe para ver as fotos.

CHARLA DA SÚADE BUCODENTAL

Hoxe participamos nunha charla sobre a saúde bucodental impartida polos estudantes do I.E.S. Agra de Raices do ciclo medio de Auxiliar de enfermeria.

ACTIVIDADE PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR

PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR -              A Xanela do Maxín

O mércores 17 de abril as 12:45 no auditorio da casa da cultura.

Dirixida ao   alumnado de 4º e 5º de primaria. 

(PREMER NA IMAXE

 

Cross escolar Noia

O pasado 27 de febreiro asistimos en Noia ás segundas xornadas deportivas Cross Escolar, onde pasamos un día moi ameno e desfrutando do ambiente deportivo que alí se viviu.

No seguinte álbum podedes ver que ben o pasamos! Preme na foto para visualizalo.

Cross escolar

O pasado 2 de febreiro asistimos no Campo de San Paio de Refoxos á Cross escolar, unha xornada deportiva na que participaron diversos colexios da zona. Estamos orgullosos de como se desenvolveu a xornada e do papel desempeñado polo noso alumnado.

Premede na foto para ver o álbum de como foi!

Powered by Drupal - Design by artinet