Skip to Content

Animación á lectura

Animación á lectura

Día do libro 2020.

Conmemoración do Día do Libro

 

Ola!. Nenas e nenos do cole Vicente Risco.

Queremos pedir a vosa axuda:

Temos na biblioteca un libro en branco, encantaríanos enchelo, recompilando todas as vosas aportacións.

Este libro unha vez confeccionado, quedará despois na biblioteca, para que todos poidamos: divertirnos, aprender e recordar o tempo do coronavirus.

Podedes escribir e debuxar  de cómo levades estes días, dalgunha actividade que realizades  en familia,  mensaxes de ánimo, , fotos co voso libro favorito, debuxos, poesías,…todo ten cabida neste libro.

Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que facendo un libro entre todos/todas!

Mandade as vosas aportacións ao seguinte email:

 diadolibro2020@gmail.com

                                                  

A recepción de contribucións para o libro  comezará hoxe venres 17 de abril de 2020 e

rematará o día venres 24 de abril.

A medida que se reciban as contribucións serán inseridas na páxina web do noso centro no

bloque “Biblioteca” sección:

 “Animación a lectura”.

 

 

A Galiña Azul "unha pita de Springfield" 3ºEd.Prim.

Particular adaptación do conto creado por Carlos Casares que fai un guiño a serie televisiva Os Simpsons que ven de cumprir 30 anos en antena.

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut