Skip to Content

Comedor

COMEDOR ESCOLAR

Publicáronse as instruccións de xestión en materia de transporte escolar, comedores de xestión directa e comedores de xestión indirecta para o curso 2020/2021. Así que xa podedes solicitar o comedor escolar no centro.

Adxúntase o pdf

NORMAS DO COMEDOR

                   

     
1.     Deberá ir ó servicio antes de entrar ó comedor.
2.     O acceso ó comedor farase de xeito ordeado, lavaranse as mans e sentaranse no asento que lle asignen as camareiras.
3.     O neno non poderá ausentarse do comedor á saída das clases, salvo previo aviso escrito dos pais.
4.     Deberá deixar os seus obxectos persoais (abrigo, mochila, etc.) no lugar habilitado dentro do comedor.
5.     Non poderán vir con teléfonos móbiles, psp, mp3, mp4, radios,... e no caso de facelo recollerase e seralle entregado os pais xunto cun aviso.
6.     Durante o xantar, os nenos/as permanecerán sentados no seu asento, sen molestar ó resto dos rapaces/zas.
7.     Cando todos remataran o xantar, levantaranse en orde e acompañados dos camareiros, pasarán ós aseos onde lavarán os dentes.
8.     Se non chove, saldrán xuntos ó patio, acompañados polas camareiras. Cando chova quedaranse na sala de xogos.
9.     No patio non se poderá xogar ó fútbol.
10.   Os nenos/as non poderán: pegar, roubar, ameazar nin insultar ós compañeiros/as nin ás camareiras.
11.  Deberán obedecer en todo momento ás camareiras.
12.  Ás 15:50h, as camareiras tocarán o timbre e todos/as volverán ó comedor para recoller as súas pertenzas. Nese intre e nunca antes nin despois, os pais pasarán a recoller ós nenos/as.
13.   A partir das 16:00h soamente poderán ficar no centro aqueles nenos/as que teñen actividades extraescolares que comecen a esa hora.
14.  Os pais dos nenos/as que marchen sós para a casa deberán asinar unha autorización. 
 Ós/as nenos/as que non cumpran estas normas, entregaráselles un aviso que deberán presentar asinado polos pais ó día seguinte da súa recepción. Poidendo chegar a ser expulsado/a definitivamente do comedor se chegan a un total de tres avisos, tanto os becados fixos coma os esporádicos.
Según nova norma do Concello os alumnos/as becados que non asistan ó comedor deberán avisar na ANPA antes das 9:20 da mañá.
Rogase ós pais que envíen ós nenos/as un cepillo, pasta de dentes e unha toalliña para despois de xantar.
Estas normas poden ser modificadas, melloradas e ampliadas para conseguir entre todos un mellor funcionamento do comedor.
Distribuir contido


logo

by Dr. Radut