3º Educación Primaria
EDUCACIÓN FÍSICA
Enviado por Rita o Ven, 19/06/2020 - 09:17Bo día rapaces e rapazas!!! Rematou o curso, algo atípico este ano. Espero que aprenderades moito cos xogos que practicamos no colexio e que vos gustaran os que vos propuxen ao longo destes meses.
Grazas as familias pola vosa colaboración e grazas a todo o alumnado polo voso esforzo e traballo.
Deséxovos que pasedes un feliz verán e que xoguedes moito!!!
Unha aperta, Rita
VENRES 19 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Ven, 19/06/2020 - 09:05Bo día a tod@s!
Hoxe non tocan tarefas, toca despedida!
3/4 Travelling Cercioners
Enviado por Mar o Xov, 18/06/2020 - 10:42TAREFAS XOVES 18 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Xov, 18/06/2020 - 09:13Bo día a tod@s!
Nas tarefas de ciencias sociais de hoxe déixovos, igual que en naturais, un documento con vídeos enlazados de temas dados neste curso. Podédelos ir vendo ao longo das vacacións e así repasar certos contidos. Tamén figura nel o xogo interactivo do mapa das CCAA que tanto vos gustou a algúns. Tedes moitos mapas para xogar e coñecer máis sobre a xeografía do mundo.
EDUCACIÓN FÍSICA (TERCEIRO - CUARTO) Xoves 18 de Xuño
Enviado por Rita o Xov, 18/06/2020 - 08:52Bo día, remata o curso, este ano foi un pouco atípico, sobre todo nesta materia, pero espero que poidérades practicar algúns dos xogos propostos e o pasárades ben. Hoxe deixovos un enlace de xogos interactivos, vos tedes que entrar en Ludoland. Espero que vos gusten os xogos.
3/4 ArT LovErs
Enviado por Mar o Mér, 17/06/2020 - 10:02HI THERE ART LOVERS,
Today is the last lesson, so I want you to have a look at your
Música 17-06-2020
Enviado por Anónimo o Mér, 17/06/2020 - 09:40Bo día,
Aquí vos deixo o enlace a nosa última sesión de música do curso escolar,
https://docs.google.com/document/d/1Z2GyHdtzREj-gT_EGmG3YRv6dLkeY8mPgUnkfSQ_Me8/edit?usp=sharing
Un saúdo.
TAREFAS MÉRCORES 17 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Mér, 17/06/2020 - 09:14Bo día a tod@s!
Hoxe para as tarefas de matemáticas déixovos un vídeo recordatorio do reloxo para poder facer as actividades:
Vídeo MT: o reloxo.
TAREFAS MARTES 16 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Mar, 16/06/2020 - 09:05Bo día a tod@s!
Hoxe en ciencias naturais déixovos unha serie de vídeos para que poidades ver no que queda do mes de xuño e así repasar algúns dos contidos traballados neste curso.
3/4 EnglisH lOvErs June 16
Enviado por Mar o Mar, 16/06/2020 - 08:54HELLO again!!
Welcome today to LondOn: The BasicS
If you want to share some information with 5th and 6th Graders your are really welcomed: