Audición e Linguaxe
MÉRCORES 17 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Mér, 17/06/2020 - 08:47Moi bo día!
Hoxe para traballar a atención propóñovos uns labirintos secretos moi faciliños. O único que tedes que facer é estar atentos e seguir as instrucións. Este material foi recollido da páxina web Orientación Andujar
MARTES 16 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Mar, 16/06/2020 - 07:40Moi bo día!
Para hoxe propóñovos unha actividade de sopro que seguro vos vai gustar. Trátase dun dado. O único que tedes que facer é lanzar o dado e facer o que se vos indica, así de fácil e divertido. Este dado foi recollido do blog susanamaestradeal
LUNS 15 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Lun, 15/06/2020 - 09:15Moi bo día!
Para comezar a semana propóñovos unha actividade para traballar a atención dos máis pequenos. É unha actividade moi sinxela, consiste en buscar siluetas iguales ao modelo dado. Este material foi recollido da páxina web Orientación Andujar
VENRES 12 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Ven, 12/06/2020 - 09:15Moi bo día!
Hoxe vamos traballar a atención e a memoria a través dun xogo clásico, o “Simón Dice”. Algúns de vós igual o tedes pola casa, senón déixovos por aquí unha aplicación que podedes empregar para xogar. Quero recordarvos que o uso de dispositivos electrónicos debe estar supervisado por un adulto.
XOVES 11 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2020 - 09:08Moi bo día!
Hoxe déixovos un vídeo dunha manualidade para que despois podades soprar, é un pouco máis difícil que outras veces pero aínda así espero que vos guste.
https://drive.google.com/file/d/1QGbWT2a4_IEPBCywtNQciDdnrh2YsxiL/view?usp=sharing
MÉRCORES 10 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Mér, 10/06/2020 - 09:02Moi bo día!
Espero que esteades preparados para realizar a primeira actividade que vos presento hoxe. Consiste en debuxar simetrías. Tratase dun documento procedente da web Orientación Andujar, con varios niveis de dificultade.
MARTES 9 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Mar, 09/06/2020 - 09:07Moi bo día!
Hoxe propóñovos unha nova actividade para traballar o sopro. No arquivo adxunto hai unha explicación do xogo.
https://drive.google.com/file/d/1Pzsr1gH2Cu6jiii50s1k5XLRJoA48f7U/view?usp=sharing
LUNS 8 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 08:44Moi bo día!
Para comezar a semana propóñovos unha actividades moi interesante consistente en reproducir unha serie de figuras ou patróns que se vos presentan. Estas reproducións podédelas facer con calquera obxecto que teñades pola casa.
https://drive.google.com/file/d/1TPkfMbZHkzUW5B5oGbCaEnBPI-ijm4eG/view?usp=sharing
VENRES 5 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Ven, 05/06/2020 - 09:10Moi bo día!
Hoxe propóñovos que xoguedes a un memory para traballar a vosa atención e memoria. Para iso déixovos o enlace a unha aplicación. Quero recordarvos que o uso de aplicacións e dispositivos electrónicos debe estar supervisada por un adulto. Igual tedes algún xogo deste estilo na casa. Tamén podedes empregalos.
XOVES 4 DE XUÑO
Enviado por Anónimo o Xov, 04/06/2020 - 08:56Moi bo día!
Hoxe propóñovos tres actividades que veñen en formato vídeo. A primeira e para traballar o sopro, espero que vos guste a actividade. A segunda é un vídeo de praxias e a terceira consiste nun xogo de veo-veo no que se traballará o vocabulario e as categorías semánticas.