1º Educación Primaria
Chegou a despedida
Enviado por Anónimo o Ven, 19/06/2020 - 09:40Bo día a tod@s,
Pois chegou o último día de curso hoxe xa sin tarefas e coa única tarefa pola miña parte de acercarme un pouco a vós e facer esta despedida menos rara se pode ser.
Grazas as familias pola colaboración durante este raro terceiro trimestre e aos nenos pola súa adaptación e esforzo.
Déixovos un video aquí se o queredes ver despedíndome de tod@s e tamén o enlace ao voso traballo durante este tempo.
EDUCACIÓN FÍSICA
Enviado por Rita o Ven, 19/06/2020 - 09:15Bo día rapaces e rapazas!!! Rematou o curso, algo atípico este ano. Espero que aprenderades moito cos xogos que practicamos no colexio e que vos gustaran os que vos propuxen ao longo destes meses.
Tamén espero que aprenderades moito en lingua galega. Para o ano estaredes en 2º e teredes que traballar un pouquiño mais.
Grazas as familias pola vosa colaboración e grazas a todo o alumnado polo voso esforzo e traballo.
1st Grade
Enviado por Mar o Xov, 18/06/2020 - 10:2918-06-2020
Enviado por Anónimo o Xov, 18/06/2020 - 09:23Bo día a todos,
Hoxe é o último día que vós subo tarefas por aqui, xa que mañá remataremos este curso escolar 2019-2020.
Matemáticas:
EDUCACIÓN FÍSICA (PRIMEIRO) Xoves 18 de Xuño
Enviado por Rita o Xov, 18/06/2020 - 08:52Bo día, remata o curso, este ano foi un pouco atípico, sobre todo nesta materia, pero espero que poidérades practicar algúns dos xogos propostos e o pasárades ben. Hoxe deixovos un enlace de xogos interactivos, vos tedes que entrar en Diverland. Espero que vos gusten os xogos.
Música 17-06-2020
Enviado por Anónimo o Mér, 17/06/2020 - 09:41Bo día,
Aquí vos deixo o enlace a nosa última sesión de música do curso escolar,
https://docs.google.com/document/d/1Z2GyHdtzREj-gT_EGmG3YRv6dLkeY8mPgUnkfSQ_Me8/edit?usp=sharing
Un saúdo.
17-06-2020
Enviado por Anónimo o Mér, 17/06/2020 - 09:39Bo día,
Hoxe chegamos ao ecuador da semana, da nosa última semana, por iso vos deixo aquí unhas fichas para que completedes e gardedes de recordo cos recordos que tendes deste curso, se queredes compartirmas eu cólgoas na presentación dos nosos traballos.
https://drive.google.com/file/d/1-24fkyyOFvEhQUcphk6uG96mZzkDGsJn/view?usp=sharing
Arts. First Grade
Enviado por Anónimo o Mér, 17/06/2020 - 09:27Hi first graders!
What about if we visit our Art Gallery to have a look at your artworks? (Tedes actualizados todos os traballos que fixestes ata o momento e que non vos ensinei).
Lingua Galega (Mércores 17 de Xuño)
Enviado por Rita o Mér, 17/06/2020 - 08:48Bo día. ¿Cómo foi o repaso? Espero que non vos resultaran moi complexas as actividades. Coa ficha de hoxe rematamos o curso, xa que o venres non haberá proposta de actividades.
Lingua Galega (Martes 16 de Xuño)
Enviado por Rita o Mar, 16/06/2020 - 08:23Bo día. Hoxe seguimos con repaso xeral, a proposta de actividades está no enlace. Bo día.
FICHA ORTOGRAFÍA 3: