Equipo de Biblioteca
LETTERING NA BIBLIO
Dende a Biblioteca do noso centro anímase ao alumnado a participar en obradoiros de "lettering" ou escritura creativa.
Nestes obradoiros os mestres e mestras son os alumnos e alumnas máis experimentados/as.
Quen sabe... ao mellor hai artistas entre nós!
POESÍA CON ROSALÍA MORLÁN
O 25 de maio recibimos a visita da poetisa Rosalía Morlán, esta actividade estivo organizada e promocionada pola AMPA do Colexio. Todo o alumnado do centro realizou diferentes actividades literarias adaptadas á súa idade.
Foi todo un pracer. Grazas!
CONTACONTOS NA BIBLIO
Ao noso alumnado gústalle moito lerlles contos aos máis pequenos e pequenas. Cada semana sorpréndennos con propostas variadas e enriquecedoras.
Velaquí a proba!
23 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Mar, 21/04/2020 - 10:27ACHÉGASE O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DENDE A ASESORIA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICA PUBLICAN, COMO CADA ANO, UN DÍPTICO EN CONMEMORACIÓN DESTA DATA.
ESTE ANO É O ESCRITOR, XORNALISTA E DIVULGADOR DA CULTURA GALEGA, MANUEL GAGO, QUEN CREOU UN TEXTO ORIXINAL CEDIDO XENEROSAMENTE PARA ESTA PEQUENA PEZA DE DIFUSIÓN.
GALICIA LE
Enviado por Anónimo o Ven, 03/04/2020 - 10:04Bo día!
Espero que tod@s esteades ben e levedes esta situación da mellor maneira posible. Aproveitando que xa chegan as vacacións non quería deixar de facervos unha recomendación para que podades seguir a ler.
A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o público o seu catálogo dixital de libros e películas.