Iniciar sesión: Acceso

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A Orde do 7 de maio de 2024, (DOG do 20 de maio de 2024), recolle o procedemento polo que se levarán a cabo as solicitudes de axudas para libros e material escolar.

  Prazo de presentación das solicitudes e devolución dos libros para incorporación ó fondo solidario será ata o 21 de xuño (este incluído).

 Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: Tamén poderán presentarse no centro.

 Documentación a achegar coa solicitude:

 Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

 Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

 Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 Certificado ou volante de convivencia.

 Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Solicitude

 Formulario ED330B (anexo I - anexo II) para imprimir.

PLAN DIRECTOR

 

Nas pasadas semanas recibimos a visita dunha axente da Garda Civil para realizar uns talleres contra o Acoso e sobre o coñecemento da unidade de coidado do medioambiente, SEPRONA. 

Gracias por vir!

Visita a Fantochares

"AO LADIÑO DA CASA"

Nas pasadas dúas semanas realizamos unha visita moi especial a Chares, para coñecer o taller da compañía de teatro de títeres Fantoches Baj, de Inacio Vilariño. 

"Fantochares", como se coñecerá ese futuro museo, foi o lugar no que os nosos rapaces se mergullaron nas historia de Isaura e Tristán e fixeron unha viaxe polo mundo dos titiriteiros.

Gracias por ensinarnos todo, Inacio.

 

Coñecemos os Muíños

Nos últimos días do segundo trimestre, o alumnado do Varela Buxán realizou dúas saídas do centro que serviron para introducirnos na temática do noso proxecto Coñecemos os Muíños.

O alumnado de EI e o primeiro ciclo de Educación Primaria desprazouse ata a parroquia de Prado (Lalín) para visitar e coñecer o funcionamento do Muíño de Cuíña, en funcionamento dende o 1918. Nel, o noso alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento dos muíños e da elaboración da fariña. 

O alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de EP tivo un viaxe un pouco máis longo. Neste caso desprazouse ata o Parque Natural do Monte Aloia, en Tui, para realizar parte da senda dos Muíños de Tripes. Neste lugar, a rapazada tivo a oportunidade de coñecer 15 muíños e desfrutar dun fermoso percorrido ao carón do río Tripes.

 

Obradoiro con EDUCALECRÍN

O pasado mes tivemos no colexio ás encargadas de Educalecrín, unha cooperativa de formación ecosocial.

Estas profesionais estiveronnos a impartir un curso de educación emocional, CNV e resolución de conflictos.

Non dubidedes en visitar a súa web e mergullarse no fantástico traballo que fan estas veciñas nosas con actividades tales como: bosquescola, formación medioambiental, formación social, entre outras. 

 

Grazas Vero e Natalia!

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicación vacantes:  antes do 1 de  marzo

Presentación solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo

Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo:do 21 de marzo ao 11 de abril

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril

Reclamación ás listaxes provisionais :do 26 de abril ao 3 de maio

Publicación das listaxes definitivas: antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP: do 20 ao 30 de xuño

Está garantida a matrícula automática para todo o alumnado que actualmente está  matriculado no centro ata a finalización das ensinanzas, polo que non terá que facer ningún outro trámite.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PREMA NOS SEGUINTES ENLACES:

PROCESO DE ADMISIÓN

- VACANTES 2024-2025

- DOCUMENTACIÓN 

IMPRESO ADMISIÓN EN GALEGO

IMPRESO ADMISIÓN EN CASTELÁN

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

San Patrick´s Day 2024

This morning at Varela Buxán, we celebrated St. Patrick's Day (in advance). Choreographies, songs about leprechauns, a small theatrical representation and a game to find the lost coins and shamrocks served as entertainment to celebrate this important saint of our Irish brothers. 

Na mañá de hoxe celebramos no Varela Buxán o día de San Patricio (anticipado). Coreografías, cancións sobre os duendes, unha pequena representación teatral e un xogo de búsqueda das moedas e os tréboles perdidos serviron de entretemento para celebrar este tan importante santo dos nosos irmáns irlandeses.

 

HAPPY ST. PATRICKS´S  DAY <3

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é un día de vital importancia no calendario, onde celebramos a loita polos dereitos das mulleres e reivindicamos a igualdade de xénero en todas as esferas da sociedade. É un momento para reflexionar sobre os avances alcanzados e os retos que aínda temos por diante na busca dun mundo máis xusto e equitativo para todas e todos. 

Desde o Varela Buxán, este é a nosa pequena homenaxe a todas! 

Día de Rosalía 2024

este 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalíaque conmemora o aniversario do nacemento da poeta, unha celebración que desde o CEIP Plurilingüe Varela Buxán non quixemos deixar de participar. 

Para conmemorar o nacemento da escritora santiaguesa o alumnado do colexio tivo música, baile e tempo para o coñecemento. 

Poemas como Adiós Ríos, Adiós FontesO moucho ou Has de Cantar foron os protagonistas nesta data tan especial.

 

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais