PSICOMOTRICIDADE (LUNS 25 de Maio) Clase de 5 anos
Bos días, hoxe imos a comezar traballando os golpeos de obxectos, para eso imos utilizar un material que seguro que tedes na casa; globos. Espero que vos gusten os xogos. Ánimo e a xogar!!!!
·Globito pachín. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo – manual.
Practicar os golpeos coas extremidades superiores.
Para esta actividade necesitaremos un globo inflado (pero non en exceso). Ides a realizar o seguinte:
-Golpeamos o globo coa palma da man cara arriba, ¿sodes capaces de lanzalo moi alto?
-Golpeamos o globo co dorso da man) coa parte de arriba.
-Golpeamos o globo cun hombro, co brazo, coa cabeza, coa rodilla, co pé…
(Estas actividades realizamolas sempre con ambas mans)
-Para este xogo precisaredes a axuda de alguén. O que tedes que facer e suxeitar o globo entre os dous coas cabezas, tamén podedes facelo barriga con barriga, espalda con espalda…
-Mais de un; para este xogo precisaredes dous ou mais globos (tantos como sexades capaces de controlar). O que tedes que facer e manter no aire dous ou mais globos e intentar que non caian o chan, ¿Cantos sodes capaces de manter no aire?
· ¡Qué non caia! Obxectivo: Practicar os golpeos.
Neste xogo intentaredes golpear o globo tantas veces como poidades e que non vos caia o chan.
· Pompas de millo. Obxectivos: Traballar a coordinación óculo – pédica.
Para este xogo precisades cinco ou mais globos inflados. Colocádelos no chan e intentades estoupalos pisándoos cos pés.