PSICOMOTRICIDADE (Mércores 20 de Maio) Clase de 3 - 4 anos
Bos días, hoxe imos traballar un pouco de coordinación, espero que vos gusten os xogos. Ánimo e a xogar!!!!
· Pés por mans. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo – pédica.
Para este xogo precisaredes varios peluches e unha caixa ou obxecto similar. Colocaredes os peluches todos xuntos e a caixa separada dos mesmos. Sentarédesvos no chan e o xogo consiste en coller os peluches cos pés (agarrándoos polos tobillos) e deixalos dentro da caixa.
· Peluche ao cesto. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo – manual
Neste xogo imos a utilizar os peluches do xogo anterior e a caixa. Para elo colocamos a caixa enriba dunha silla e separámonos seis pasos (se nos parece moita distancia achegámonos mais). O xogo consiste en lanzar os peluches dentro da caixa.
- Primeiro, coa man dereita e logo coa esquerda.
- Segundo, coas dúas mans.
- Terceiro, separámonos mais da caixa e intentamos lanzar dende mais lonxe. ¿Sodes capaces?