Iniciar sesión: Acceso

PSICOMOTRICIDADE (LUNS 18 de Maio) Clase de 5 anos

   Bos días, hoxe imos traballar un pouco de coordinación, espero que vos gusten os xogos.  Ánimo e a xogar!!!!

· Pés por mans. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo – pédica.

  Para este xogo precisaredes varios peluches e unha caixa ou obxecto similar. Colocaredes os peluches todos xuntos e a caixa separada dos mesmos. Sentarédesvos no chan e o xogo consiste en coller os peluches cos pés (agarrándoos polos tobillos) e deixalos dentro da caixa.

 

·  Peluche ao cesto. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo – manual

  Neste xogo imos a utilizar os peluches do xogo anterior e a caixa. Para elo colocamos a caixa enriba dunha silla e separámonos seis pasos (se nos parece moita distancia achegámonos mais). O xogo consiste en lanzar os peluches dentro da caixa.

-     Primeiro, coa man dereita e logo coa esquerda.

-     Segundo, coas dúas mans.

-   Terceiro, separámonos mais da caixa e intentamos lanzar dende mais lonxe. ¿Sodes capaces?

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais