Iniciar sesión: Acceso

PSICOMOTRICIDADE (Mércores 6 de Maio) Clase de 3 - 4 anos

   Bos días, hoxe imos traballar con material de refugallo. O último día traballamos cos anacos de cartón e hoxe tócalle o turno aos tubos do papel hixiénico. Ánimo e a xogar!!!!

·Rollito de primavera. Obxectivos: Traballar a coordinación dinámica xeral.

                          Iniciar actividades de equilibrio con obxectos.

Para este xogo precisaremos un tubo de papel hixiénico. Imos facer o seguinte;

-Colocamos o rollito na palma da man e intentamos camiñar con él sen agarralo e sen que nos caiga. Primeiro coa man dereita e logo coa esquerda.

-Agora colocamos o rollito no dorso da man e tamén tentamos camiñar sen que nos caiga. Primeiro coa man dereita e logo coa esquerda.

- Colocamos o rollito na cabeza e tentamos camiñar con él enriba sen que nos caiga. Camiñamos cara adiante e cara atrás.

-Agora vamos a ver se o noso rollito corre. Para eso colocámolo no chan deitado e soplámoslle a ver si corre polo espazo. Variante: Podedes pedirlle a papá ou mamá que fagan unha carreira con vos, a ver que rollito corre mais.

·Lanza - rollito. Obxectivo: Traballar a coordinación óculo – pédica

     Neste xogo seguimos traballando co rollito, imos a intentar darlle co pé e desplazalo polo espazo que dispoñamos.

      Logo precisaredes unha pequena portería, podedes facela con dúas botellas de auga colocadas a 50 centímetros de distancia unha da outra. Para lanzar o rollito colocarédesvos a unha distancia e tentaredes darlle co pé ao rollito e que pase polo medio das dúas botellas. Primeiro co pé dereito e logo co esquerdo.

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais