Iniciar sesión: Acceso

AXUDAS MÁSCARAS EDUCACIÓN PRIMARIA

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2022

O alumnado destinatario é o seguinte:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída no curso 2021-2022 e que cumpra algunha das seguintes condicións:

•  Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

.•  Alumnado matriculado en educación especial.

•   Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 •  Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

•  Forma de presentación da solicitude

Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou no centro educativo.

Anexo I 

•  Prazo: 

Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais