Iniciar sesión: Acceso

Audición e Linguaxe

MÉRCORES 1 DE ABRIL

Bo día! Comezamos novo mes e espero que sigades con ánimo. 

MARTES 31 DE MARZO

Bo día!

Hoxe comezamos traballando a linguaxe oral. 

-Para traballar o sopro propóñovos facer carreiras de pelotiñas nun cartón de ovos (case todos temos un na casa). Colocaremos a pelotiña nun dos buratos, soprando temos que conseguir que avance e chegue ata o final do cartón. Podemos ir modificando o percorrido ou propoñendo novos retos, como saltar obstáculos. 

LUNS 30 DE MARZO

Bo día e bo comezo de semana!

Comezamos hoxe poñendo a proba a nosa atención e concentración, déixovos por aquí o reto de completar uns labirintos. 

https://drive.google.com/open?id=1mbVoSRYxAtRhR3x_foqohKlvADJAWrJ6

VENRES 27 DE MARZO

Bos días! 

A continuación preséntovos a programación de hoxe para traballar a linguaxe oral: 

-Para traballar o sopro colleremos unha pluma ou un anaco de papel e tentaremos mantelo no aire soprándolle. Tamén se pode intentar pasar uns a outros. 

XOVES 26 DE MARZO

Bos días! 

Hoxe déixovos por aquí uns mandalas para traballar a concentración, a relaxación e por suposto a creatividade dos nosos nenos/as. 

https://drive.google.com/open?id=1WH282lJvRyb0HkrU0y901Z38ZulWu3Ob  

MÉRCORES 25 DE MARZO

Bo día!

Hoxe volvemos con forza para traballar a linguaxe oral. Recordades que o luns vos propuxen un recorrido para facer soprando? pois hoxe vamos aproveitar ese mesmo recorrido e tentaremos facelo soprando polo nariz, é algo máis complicado pero o importante é intentalo. 

Ademais déixovos o enlace a unhas instrucións para facer praxias. Recórdovos que estas instrucións podedes aplicalas como mellor vos conveña, non tedes que seguir o orde ou facelas todas. 

MARTES 24 DE MARZO

Bos días! 

Hoxe vamos traballar un pouco a atención. Farémolo a través dunhas fichas que vos adxunto con actividades de buscar as diferenzas e tamén de unir números para formar debuxos, neste caso hai varias fichas clasificadas por dificultade. 

LUNS 23 DE MARZO

Bo día!

Hoxe para traballar a estimulación da linguaxe oral propóñovos varias actividades. 

MARTES 17 DE MARZO

Bo día!

Hoxe traemos unha serie de indicacións para traballar a relaxación dos nen@s, así como unha pequena guía na que se explica como levar a cabo as praxias e xogos de sopro. Estes documentos son unhas simples guías, totalmente susceptibles de ser modificadas e adaptadas.

LUNS 16 DE MARZO

Hoxe comezaremos traballando a mobilidade facial a través de praxias. As praxias son movementos dos músculos articulatorios que melloran a precisión necesaria para a correcta dicción.

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais