Iniciar sesión: Acceso

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN 

Do 1 ao 20 de marzo establécese o proceso de admisión alumnado para o curso 2023-2024 .

Presentarase unha única solicitude que pode conter varios centros e deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

1.Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: AdmisionAlumnado. Solicitudes>Admisión>crear.

2.Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica con chave365 ou certificado dixital.

3.Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

Se ten reservada praza nun centro e presenta a solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 PROCESO DE ADMISIÓN

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro conmemórase a figura de Rosalía de Castro e dende o centro quixemos homenaxear á autora galega.

Para iso fixemos un photocall cunha caracterización específica rosaliana, levouse a cabo o recitado de poemas da escritora por parte do alumnado de educación primaria e o alumnado de 6º de primaria cantou "Campanas de Bastabales" con acompañamento musical.

DÍAS DE ENTROIDO

A semana do luns 13 ao venres 17 de febreiro celebramos no centro o Entroido. Para iso fixemos actividades moi diversas:
- Seguimos as ordes diarias do Meco (luns en pixama, martes charramangueiro, mércores elegante, xoves nenos de nenas e nenas de nenos e venres disfrace libre).
- Realizáronse representacións entre o alumnado (alumnado de infantil, 5º de primaria e 6º de primaria).
- O venres, a maiores, participouse en xogos (carreira de sacos, de filloas, o limbo, as momias, xogo dos aros e relevos con balóns) e escoitamos contos narrados por Celsiño Sanmartín. Tanto nos xogos como na actuación contamos coa colaboración das familias.

Que ben o pasamos!

ADMISIÓN CENTRO ADSCRITO

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. CURSO 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:

 Solicitudes > Reserva > Crear

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA E MAGOSTO 2021

     Este venres 19 de Novembro celebramos no Colexio o Magosto con unha xornada adicada a xogos tradicionais e populares da nosa Comunidade, como; a mariola, o xogo da ra, a carreira de sacos, os zancos, o pano...entre outros. Tamén tiveron a oportunidade de observar un experimento científico que os deiuxou abraiados. Os alumnos participaron en todos os xogos nunha xornada lúdica que estivo acompañada de castañas asadas.

 

AXUDAS MÁSCARAS EDUCACIÓN PRIMARIA

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2022

O alumnado destinatario é o seguinte:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

SAMAÍN 2021

   Un ano mais chegou o Samaín; o alumnado disfrazouse de medo e disfrutou dunha xornada lúdica na que se levaron a cabo moitos talleres; contacontos, pócima máxica, visionado de cortos de medo, xogos de samaín, búsqueda do tesouro, taller de tacto... O alumnado pasouno moi ben, velaí proba delo:

 

                 

ANDAINA POLA VÍA DA PRATA

O mércores 26 e xoves 27 de Maio o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria realizaron unha andaina polo Camiño de Santiago, que discurre pola parroquia de Bendoiro. Ademais tamén se levou a cabo unha visita ao Pazo de Liñares, na que viron a exposición de Xoaquín Loriga e unha exposición de arqueoloxía. Tamén visualizaron un vídeo sobre o futuro museo da marioneta de Galicia e ademais poideron visitar todas as dependencia do Pazo.

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais