LETTERING NA BIBLIO
Dende a Biblioteca do noso centro anímase ao alumnado a participar en obradoiros de "lettering" ou escritura creativa.
Nestes obradoiros os mestres e mestras son os alumnos e alumnas máis experimentados/as.
Quen sabe... ao mellor hai artistas entre nós!
CARREIRA POLA IGUALDADE
O 29 de maio todo o alumnado do centro participou en carreiras moi variadas: sobre aros, salto de vallas, de coelliños, en zig-zag, de rás, de canguros, de camareiros/as e de carretillas.
Todas e todos pasámolo moi ben!
POESÍA CON ROSALÍA MORLÁN
O 25 de maio recibimos a visita da poetisa Rosalía Morlán, esta actividade estivo organizada e promocionada pola AMPA do Colexio. Todo o alumnado do centro realizou diferentes actividades literarias adaptadas á súa idade.
Foi todo un pracer. Grazas!
CONTACONTOS NA BIBLIO
Ao noso alumnado gústalle moito lerlles contos aos máis pequenos e pequenas. Cada semana sorpréndennos con propostas variadas e enriquecedoras.
Velaquí a proba!
Fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024
A Orde do 10 de maio de 2023, (DOG do 19 de maio de 2023), recolle o procedemento polo que se levarán a cabo as solicitudes de axudas para libros e material escolar.
Prazo de presentación das solicitudes e devolución dos libros para incorporación ó fondo solidario será ata o 21 de xuño (este incluído).
Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo/a).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na aplicación Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.Tamén poderán presentarse no centro.
Documentación a achegar coa solicitude:
POLO CORREO DO VENTO
O día 16 de maio visitounos "Polo Correo do Vento"; un contacontos e un ilustrador que nos achegaron á figura do homenaxeado do Día das Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego.
O alumnado realizou un taller de debuxo consistente en elaborar unha caricatura do autor, así como coñecer a historia da súa vida.
Velaquí o ben que quedou,
POESÍA CON ÁNGELES MADRIÑÁN
O día 20 de abril para conmemorar a Semana do Libro tivemos a sorte de recibir a visita da poetisa Ángeles Madriñán.
Fíxonos partícipes dos seus coñecementos e realizáronse actividades relacionadas co mundo da poesía (emparellar versos, lectura dunha obra...).
Foi un auténtico pracer contar con esta visita tan produtiva.
Moitísimas grazas, Ángeles!
SAINT PATRICK'S DAY
O venres, 17 de marzo conmemoramos o Día de San Patricio. Lévaronse a cabo actividades moi diversas como:
-
Dous obradoiros sobre a creación de burbullas de xabón.
-
Unha busca do tesouro.
-
Representación de varias danzas irlandesas.
Que ben o pasamos!
DÍA DA MULLER
O 8 de marzo, en conmemoración do Día da Muller, fixéronse actividades moi variadas. Algúns exemplos foron: debuxos sobre a muller máis importante das vidas dos nosos pequenos e pequenas de educación infantil, decorouse o símbolo representativo deste día, creáronse montaxes de fotos temáticas, realizáronse debates nas aulas sobre mulleres importantes da Historia e participouse en obradoiros de igualdade.
Velaquí as fotos!