Iniciar sesión: Acceso

Pedagoxía Terapéutica

XOVES 21 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe adxúntovos un documento con varios exercicios de razoamento lóxico. Estas actividades están pensadas para diferentes niveis, polo que algunhas vos pareceran moi fáciles e outras un pouco máis difíciles. Espero que vos gusten. 

MÉRCORES 20 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe, como cada mércores, vamos repasar o cálculo a través de diferentes operacións. Recordade que non tedes que facelas todas, so aquelas que se adapten ao voso nivel.

 https://drive.google.com/file/d/1Fa40dMbTT_PnhUtc8xsMoGHp4X2TUCVf/view?usp=sharing

MARTES 19 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe adxúntovos unha ficha na que repasaremos os conceptos de unidades, decenas e centenas, así como a descomposición de números. Son unhas actividades moi sinxelas. Espero que vos sexan de utilidade. 

https://drive.google.com/open?id=14Plh1rOO3QLW7J6ANavKhaji8gLmmwHE

LUNS 18 DE MAIO

Moi bo día! 

Como cada luns hoxe vamos a facer uns cantos problemas. Recordade que non tedes que facelos todos, so os que se adapten ao voso nivel. 

https://drive.google.com/open?id=1OX7NfcUiEf-Hgnoi83un43cNGoSIMf8n

VENRES 15 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe é venres, está a piques de comezar a fin de semana, por iso vos quería propoñer un xogo. 

Seguro que todos coñecedes o xogo de lóxica “Quién es Quién?”, pois hoxe vámoslle dar unha pequena volta. Vamos xogar a adiviñar números. 

XOVES 14 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe déixovos un vídeo no que se explican varias actividades para traballar o razoamento dos máis pequenos. Recordade que podedes adaptar estas actividades como mellor vos pareza, empregando os materiais que tedes pola casa ou incluso cambiando algunhas das premisas do xogo. Espero que vos resulte útil e interesante. 

MÉRCORES 13 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe vamos a repasar o cálculo a través de operacións. Déixovos dous documentos con operacións de diferentes niveis, recordade que non tedes que facelas todas, so aquelas que se adapten ao voso nivel. 

https://drive.google.com/open?id=1B-vMHNar2r1CsC1HcmNkgXPM8cholLto

MARTES 12 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe é martes e para repasar un pouco as unidades e decenas propóñovos un xogo. 

Un bingo.

 As súas instrucións así como os cartóns para xogar están no documento que vos adxunto. Xa sabedes que podedes imprimilo, facelo vós á vosa maneira, adaptalo como mellor vos pareza, etc. Espero que o desfrutedes e vos sexa útil. 

VENRES 8 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe déixovos por aquí un vídeo dun xogo matemático moi interesante. Probablemente non o teredes na casa, pero non pasa nada podedes fabricalo vós de forma moi sinxela con folios ou cartulinas. Espero que vos guste e pasedes unha boa fin de semana. 

https://www.youtube.com/watch?v=a3IsKk4JcLA&t=119s

XOVES 7 DE MAIO

Moi bo día! 

Hoxe propóñovos un xogo moi interesante para traballar o razoamento lóxico. No documento que vos adxunto están as plantillas para xogar e tamén as normas. Para as fichas podedes empregar calquera cousa que teñades pola casa, tapóns, canicas, botóns, fichas doutros xogos ou incluso recortar circuliños de papel. Espero que o desfrutedes. 

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais