Iniciar sesión: Acceso

San Patrick´s Day 2024

This morning at Varela Buxán, we celebrated St. Patrick's Day (in advance). Choreographies, songs about leprechauns, a small theatrical representation and a game to find the lost coins and shamrocks served as entertainment to celebrate this important saint of our Irish brothers. 

Na mañá de hoxe celebramos no Varela Buxán o día de San Patricio (anticipado). Coreografías, cancións sobre os duendes, unha pequena representación teatral e un xogo de búsqueda das moedas e os tréboles perdidos serviron de entretemento para celebrar este tan importante santo dos nosos irmáns irlandeses.

 

HAPPY ST. PATRICKS´S  DAY <3

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é un día de vital importancia no calendario, onde celebramos a loita polos dereitos das mulleres e reivindicamos a igualdade de xénero en todas as esferas da sociedade. É un momento para reflexionar sobre os avances alcanzados e os retos que aínda temos por diante na busca dun mundo máis xusto e equitativo para todas e todos. 

Desde o Varela Buxán, este é a nosa pequena homenaxe a todas! 

Día de Rosalía 2024

este 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalíaque conmemora o aniversario do nacemento da poeta, unha celebración que desde o CEIP Plurilingüe Varela Buxán non quixemos deixar de participar. 

Para conmemorar o nacemento da escritora santiaguesa o alumnado do colexio tivo música, baile e tempo para o coñecemento. 

Poemas como Adiós Ríos, Adiós FontesO moucho ou Has de Cantar foron os protagonistas nesta data tan especial.

 

Entroido en familia e visita dos Baldreus.

Xogos de EntroidoVisita dos Baldreus

ENTROIDO 2024

O día 9 de febreiro foi un día de celebración no CEIP Varela Buxán. A primeira hora da mañá, e acompañados por unha chea de pais e nais, recibimos a visita dos Baldreus que nos fixeron unha mostra do gran entroido que organizan nas terras veciñas silledenses. Con eles, e baixo a explicación dos profes, coñecemos os seus disfraces e de que estaban construidos. 

Unha vez nos deixaron, tivemos uns xogos de temática de entroido cos que o alumnado (e os profesores tamén), pasamos un tempo moi agradable e nos gañamos o menú escolar de entroido. 

Ata o ano que vén, Baldreus. 

Día da Paz 2024

O 30 de Xaneiro celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Con motivo desta importante conmemoración recibimos a visita dun auténtico experto en debuxo e literatura. Con el, tivemos un taller de "lettering" co que os rapaces de infantil e primaria desfrutaron á vez que reflexionaron sobre a importancia da solidariedade e da paz. Graciñas a Raquel Doallo e Javier Hita, de Nigraponte, pola súa visita. Non dubidedes en visitalos en Lalín.

Ademais, como actividade complementaria fixemos un mural formado por pombas da paz e decorado por todo o alumnado, co que lle demos un aspecto moito máis colorido ás paredes do corredor. 

Abellas na Escola

Continuando co aprendido semanas atrás no taller de Alvariza, nas primeiras semanas de febreiro recibimos a visita de Nicolás, un apicultor co que os rapaces e rapazas quedaron absolutamente abraiados. 

Con el aprendimos diversos aspectos sobre a morfoloxía das abellas, os tipos, como funcionan as colmeas, como se reproducen estes insectos... Tamén tivemos o pracer de ver "in situ" unha colmea e a unha abella raíña. 

Para rematar, construimos unha vela de cera cada un. 

Gracias pola visita, Nicolás.

III Feira Internacional de Apicultura de Lalín - Alvariza

Con motivo da celebración no noso pobo da III Feira Internacional de Apicultura de Lalín os días 27 e 28 de Xaneiro, nas semanas previas recibimos no colexio unha grata visita na que coñecemos diversos aspectos das abellas (organización, colmeas, etc). ou os tipos de mel, entre outras cousas. Ademais, invitáronnos a participar nun concurso de carteis para a celebración...e por suposto, aceptamos.

Reserva de praza IES Ramón Mª Aller Ulloa

Do 15 xaneiro ata o 5 de febreiro, está aberto  o prazo de solicitudes de reserva de praza para o centro adscrito IES Ramón Mª Aller Ulloa.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual cubrindo o modelo ED550A ou a través da páxina de admisión alumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Esta solicitude tamén se poderá presentar de forma electrónica a través da páxina de admisión de alumnado no menú: Solicitudes-  Reserva - Crear.

IMPORTANTE: A reserva de praza deberase presentar no centro educativo no que estea matriculado o alumno/a ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital,  sendo ésta a canle preferente de presentación.

Prazo de solicitudes: Ata o 5 de febreiro

Listaxe asignación centros adscritos: 22 de febreiro

 

Calquera dúbida poden contactar co centro educativo.

CHRISTMAS VILLAGES

Os cursos de Primaria realizaron un proxecto no que coñeceron distintas celebracións do Nadal ao redor do mundo en países de fala anglosaxona.

Esperemos que vos gusten as nosas Vilas de Nadal. Enjoy it!

Felicitación Nadal

O claustro de mestres e mestras e a comunidade educativa do Ceip Plurilingüe Varela Buxán deséxanlles FELICES FESTAS!!!

Distribuir contido

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais