Skip to Content

O noso INVERNADOIRO

O venres pasado, inaguramos o noso novo Invernadoiro, actividade englobada dentro das propostas do noso proxecto "O Horto Escolar", de Voz Natura. A estrea e primeiras plantacións correron a cargo dos nenos e nenas de primaria, e o turno dos infantiles foi este luns día 20 de abril.

No invernadoiro plantaronse varios tipos de hortalizas e de herbas aromáticas que teñen tamén a súa función, como ben nos explicaron.

Proximamente subiremos fotos á páxina web do cole. Mentras tanto, podedes visitar o noso novo blogue "O Invernadoiro de Tirán" na marxe dereita desta mesma páxina. Alí poderedes ver como foron os pasos dende a construción da estructura ata o momento en que plantamos.

Agradecer unha vez máis dende aquí toda a axuda, a colaboración e o traballo prestado pola ANPA do noso centro.

Dicir tamén que a prensa, tanto O Faro coma A Voz, se fixeron eco desta noticia, publicándoa o pasado sábado 18 de abril de 2015.

 



blog | by Dr. Radut