Skip to Content

Blogues

Comezo do curso escolar 2015/2016

Mañá xoves 10 de setembro dará comezo un novo curso escolar!

Recordarvos que o horario das clases é de 9:30 a 14:30 horas e xa dende o primeiro día contamos cos servizos complementarios de transporte e de comedor. 

Os alumnos/as de 3 anos teñen un horario diferenciado durante o periodo de adaptación! 

Os mestres do C.E.I.P. PlurilingüeTirán desexámosvos un bo comezo de curso!

REMATE DAS CLASES

O pasado venres 19 de xuño remataron as clases deste curso escolar.

Para celebralo fixemos un festival no que cada curso preparou unha actuación para o disfrute do público asistente, e os participantes das actividades extraescolares mostraronnos o que aprenderon este ano. Pasámolo moi ben!

Ao remate do festival, parte da comunidade educativa xantou no recinto escolar. E pola tarde houbo diversos xogos e actividades lúdicas adicadas ós nenos/as que ata o centro se desplazaron!

Vémonos en setembro. Pasade un bo verán!

 

Aviso importante. Suspensión das clases en INFANTIL.

Por problemas no invernadoiro do centro e no areeiro do patio de infantil, vémonos na obriga de suspender as clases no 2º ciclo de educación infantil, mañá venres día 29 de maio do 2015.

Sentimos as molestias que isto poida ocasionar!

CROSS de Tirán 2015

O pasado domingo día 10 de maio celebrouse un ano máis no noso centro o CROSS de Tirán, organizado pola ANPA Madreboa do noso cole.

Os nenos/as e os adultos participantes e acompañantes, disfrutaron das carreiras, do día soleado que tivemos, e do entorno que envolve ó noso centro.

Agradecer á ANPA, ás familias e as empresas-entidades que colaboraron e que fixeron posible que un ano máis se celebrase o CROSS de Tirán.

Resultados das probas de atletismo de 5º Educ. Primaria

     Desde o C.E.I.P. Plurilíngüe de Tirán queremos felicitar ó grupo de alumnas/os de 5º de Educ.Primaria polos éxitos obtidos o pasado martes 28 de abril no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) nas probas de atletismo.

 

     Os resultados dos nosos nenos/as por probas foron os seguintes:

-- Nas probas de 60 mts lisos: Mario 2º, Sara 3ª e Lucía 5ª nas distintas series que se desenvolveron.

-- Na proba de 500 mts lisos: Antonio 5º, Lucas 15º e Alba 17ª.

-- Na proba de lanzamento de Vortex: Ángel 1º, Lois 6º e Nicolás 12º.

-- Na proba de salto de lonxitude: Hugo 2º, Raúl 3º e Mara 24ª.

-- Na proba de lanzamento de peso: Hugo 2º, Jessica 8ª e Noemí 14ª.

-- Nas probas de Relevos 4x60 mts o grupo formado por Mario, Antonio, Raúl e Hugo acadou o primeiro posto, ó igual que o grupo formado por Alba, Nicolás, Hugo, e Jessica. E acadamos o segundo posto no grupo formado por Sara, Lucas, Noemí e Claudia.

     

     E con estes resultados tan bos, o colexio de Tirán obtivo o primeiro posto na clasificación por colexios! Noraboa a todas as alumnas e alumnos de 5º curso por participar, disfrutar da actividade, e acadar ese primeiro posto.

    Comentar tamén que, ó quedar de primeiros na clasificación por colexios, o C.E.I.P. de Tirán está clasificado para a seguinte fase que se desenvolverá neste terceiro trimestre.

 

Felicidades unha vez máis ós nosos alumnos e alumnas de 5º curso!!

O noso INVERNADOIRO

O venres pasado, inaguramos o noso novo Invernadoiro, actividade englobada dentro das propostas do noso proxecto "O Horto Escolar", de Voz Natura. A estrea e primeiras plantacións correron a cargo dos nenos e nenas de primaria, e o turno dos infantiles foi este luns día 20 de abril.

No invernadoiro plantaronse varios tipos de hortalizas e de herbas aromáticas que teñen tamén a súa función, como ben nos explicaron.

Proximamente subiremos fotos á páxina web do cole. Mentras tanto, podedes visitar o noso novo blogue "O Invernadoiro de Tirán" na marxe dereita desta mesma páxina. Alí poderedes ver como foron os pasos dende a construción da estructura ata o momento en que plantamos.

Agradecer unha vez máis dende aquí toda a axuda, a colaboración e o traballo prestado pola ANPA do noso centro.

Dicir tamén que a prensa, tanto O Faro coma A Voz, se fixeron eco desta noticia, publicándoa o pasado sábado 18 de abril de 2015.

 

O noso invernadoiro

 

Este venres día 17 de abril, teremos a inaguración oficial do noso invernadoiro. 

Para poder levar a cabo a actividade precisamos que cada neno/a traia un saquiño

de terra vexetal, compost ou similar. Podedes mandala a partir de mañá.

 

Esta actividade está englobada dentro das propostas no noso proxecto "O horto escolar" de Voz Natura.

 

Grazas unha vez máis pola vosa colaboración.

 

 

 

 

ENTROIDO 2015

Como cada ano, a Curuxa vainos mandar os seus MANDATOS para este ENTROIDO 2015. 

Este mandato cambia cada día, así que procurade estar moi atentos!

 

AÍNDA QUE Á CURUXA NON SE LLE NOTE

O XOVES DÍA 12 

TI VIRÁS CON BIGOTE!!

 

SE Á CURUXA NON VES,

O MÉRCORES DÍA 11

VÉN CON ALGO DO REVÉS!

 

SE Á CURUXA QUÉRESTE PARECER,

O MARTES DÍA 10

 

ALGO NO PESCOZO DEBES TRAER!

 

SE COMO A CURUXA QUERES VOAR,

O LUNS DÍA 9

ALGO NA CABEZA DEBES PORTAR!

FELIZ ANO 2015

Dende o C.E.I.P. Plurilíngüe de Tirán desexámosvos un Feliz Ano 2015 cargado de bos desexos e soños por cumprir.

Recordámosvos tamén que as clases se retomarán o vindeiro xoves día 8 de Xaneiro de 2015 no seu horario habitual.

Distribuir contido


by Dr. Radut