TEATRO INFANTIL

Para o alumnado da aula de 3 anos é a nosa primeira saída complementaria!!!

 

O noso primeiro teatro!!!Risa

No AUDITORIO do CENTRO CULTURAL de NovaCaixaGalicia asistimos ao teatro"NUNCABUNGA" de "ELEFANTE ELEGANTE TEATRO" (clica para visitar a súa web)"

Preto do mar vive unha persoa que construíu o seu fogar nun recuncho. Un día de tempestade, aparece un estraño entalado nunhas redes, coma un refugallo máis, daqueles que o mar bota fóra. Non ten casa nin comida mais está decidido a quedar naquel lugar. Serán capaces de chegar a un acordo? Esta obra cómica e poética á vez, gañadora do Premio María Casares ao mellor espectáculo, trata valores como o respecto e a convivencia.