EMOCIÓNS EN TEMPOS DE CORONAVIRUS

 

 

Xa levamos máis dun mes na casa, e aínda que agora os peques podedes sair un ratiño, sabemos que botades de menos ós amigos e amigas, ás profes, facer actividades con máis xente e poder xogar todos xuntos.

 

A sitiación actual que viven os rapaces fai aflorar novas e descoñecidas emocións neles: confusión,, medo, estrés debido ao encerro, frustración, apatía… Para poder afrontalas e compañar aos rapaces neste momento amosamosvos algunhas ideas que poden axudarlles. 

O IMPORTANTE é buscar momentos para falar con eles sobre o que senten , moitas veces confundirán a emoción que estar a sentir. Äs veces dirán que están tristes cando o que senten é medo ou dirán que están enfadados condo o que senten é tristeza. Algúns non saberán como chamar ao que  senten.  

Deixamos  enlaces a unhas charlas interesante sobre esta temática de ELSA PUNSET   “Sed los entrenadores emocionales de vuestros hijos” https://www.youtube.com/watch?v=ZQgFPqNo5jg  e MAR ROMERA“El autoconcepto”https://www.youtube.com/watch?v=UKRHKK1fGeI

Nós podemos acompañalos na súa emoción normalizala. É bo sentir , tanto as emocións positivas como as negativas. O que temos é que poder falar delas, poñerlle nome e orixe. 

Para traballar as habilidades emocionais pasaremos por diferentes fases :ara traballar as habilidades emocionais pasaremos por diferentes fases :

Capacidade de percibir emocións.  Quen sintoon eu, qué sinten os outros. Traballaremos coas  7 emocións básicas para educación Infantil ( medo, alegría, tristeza, amor, asco, enfado e calma).

Comprender as emocións, que é tristeza, que é enfado….

Saber utilizalas, por qué ocorren . Qué acontece cando sinto ...

Regulalas. Atendelas, cambialas ou non deixarse gobernar por elas. Qué fago para quitar a tristeza, qué preciso para mudar o enfado...

¿Cómo? 

 

Falar delas. Asinar un momento no dí, antes de durmir, despois de comer, ...Amosar as nosas para facer de modelo .

Comprender que non hay emocións boas ou malas. Precisámolas todas

Comprobar como preferimos sentir unhas mais ca outras. Valorar a a diferencia do meu corpo ( músculos contraídos ou relaxados, respiración profunda ou suave…a diferencia das activiaddes que fago (chorar, rir, descansar, gritar, xogar…)

Aquí tedes algunhas ACTIVIDADES que poden facilitar as conversacións cos rapaces. Nelas o clima debe  ser de confianza e o obxectivo son as EMOCIÓNS ( poñer o seu mundo interior á nosa man para axudarlles a entendelo e xestionalo)  non a tarefa académica de coloreado, copia, etc. 

XOGO ON LINE

 

Tedes os xogos on line de Even Better, esta é a ligazón http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/juegos.php

 

 

NO MEU CORPO TEÑO A EMOCIÓN

  

 

 

Os rapaces de 3 anos podemos facerlles a man e eles colorealae falar do que senten con algunhas emcións dun xeito sinxelo..

Os de 4 anos poden facer ou colorear a man , falar do que senten e copialo .

Os de 5 anos  poden facer a man, falar do que senten e copialo ou escribilo sós. 

 

O MUNDO INTERIOR

 

Esta actividade é axeitada para os rapaces de 4 ou 5 anos. Amosámoslle onde sentimos, cal é o lugar onde as emocións crecen e fanse grades ou pequenas.  Debuxaremos o corpo exterior  e no interior debuxarán ou recortrán de revistas, cousas fan que senta emocións positivas. 

 

PÓCIMAS

 

 

 Outro formato pode ser este cos emoticonos que tanto lles gustan Deixamos un modelo para que tomedes de referencia, pero o debuxo debe ser libre:

 

Tamén nos pode axudar xogar coas caras para ver con cal nos identificamos, e así será máis doado poñerlle nome á emoción. AQUÍ vos deixamos un modelo por se o queredes imprimir; pero tamén o podedes facer en cartolina como podedes ver:

 

 

 

As profes do Departamento de Orientación achégannos taménn moitos recursos: (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsobreiravaladares/ORIENTACI%C3%93N) podedes atopar meditacións, contos e propostas que nos axuden a relaxarnos e entender o que está a ocorrer dentro de nós.

 

E o pasado día   deixamos unha entrada nesta web sobre emocións aquí a tedes tamén enlazada.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsobreiravaladares/node/1363

 

Moitos bicos e apertas!!! 

Estades facendoo moi ben e as profes estamos moi contentas cos nosos peques da Sobreira!!