AUTOCONCIENCIA EMOCIONAL

A autoconciencia ou autocoñecemento é a capacidade de recoñecer as nosas propias emocións e cómo afectan ao noso estado de ánimo e, por conseguinte, cómo nos comportamos debido a elas. É importante recoñecer a maneira na que o noso estado anímico afecta ao noso comportamento, cales son as nosas capacidades e cales son os nosos puntos débiles.

Por exemplo, este aspecto pódenos axudar a non tomar decisións cando estamos nun estado psicolóxico pouco equilibrado. Tantos si nos atopamos demasiado alegres ou excitados, como si estamos tristes e melancólicos, as decisións que tomemos estarán medidas pola pouca racionalidade. Así pois, o mellor será esperar unhas horas, ou días, ata que volvamos a ter un estado mental relaxado e sereno, co que será máis sinxelo valorar a situación e tomar decisións moito máis racionais.

BANCO DE ACTIVIDADES

- A editorial "Palabras Aladas" proporciónanos para estes días de confinamento o libro AMAR con distintas actividades.

Pinchade sobre o libro e as ligazóns:

Amar: Amazon.es: Núñez Pereira, Cristina, R. Valcárcel, Rafael ...    Actividade 1       Actividade 2

- EMOCIONBOT: Os compañeiros e compañeiras do CEIP Milladoiro de Bergantiños comparten esta actividade para axudarnos a expresar e xestionar as emocións durante esta tempada de cuarentena.

Clicade na imaxe para descargala:

Robot Valentine's box || Craft Smith || At Michael's Stores ...

 

APRENDE COS NENOS E NENAS A RECOÑECER AS EMOCIÓNS: a tristeza, o enfado, a ledicia...

Clica na imaxe para ver a información ao completo:

Educación emocional na casa - Aulas Galegas