ECO-LÓXICO

Benqueridas familias,

Poñemos en marcha o proxecto de biblioteca desde curso: “ECO E LÓXICO”. Atendendo a necesidade urxente de contribuir ao coidado ambiental, poñémonos como obxectivo principal a mellora do entorno.

Visita do Hematocrítico

Para celebrar o Día do Libro deste ano, o pasado mércores 20 de abril os nenos e nenas de 1º e 2º recibiron a visita do escritor Miguel López "O Hematocrítico". Xuntos comentaron os contos que os rapaces leron polo Itinerario Lector, "O can", "O meu irmono" e " Feliz Feroz". Ademais de botar unhas risas coas anécdotas que contou o escritor e pasalo xenial, todos saíron da sesión tan contentos cos seus exemplares asinados.

Grazas Miguel, esperamos volverte a ver axiña pola

Leoteca da Sobreira!!

 

 

As tres últimas cartas!!!

Aquí está a solución das tres últimas cartas, que, como vedes, chegaron desde Lisboa, Oviedo e Muxía.

Estade atentos, que nos vindeiros días lanzaremos o último reto da...

Aventura do Camiño!!!

 

 

COLLE A MOCHILA QUE MARCHAMOS. COMEZA A AVENTURA!!

     

    

 

Se adiviñas desde onde se envía unha carta entrégalle a resposta á túa profe para que o anote na plantilla de participación da vosa aula. Cada martes resolveremos a incógnita e cada mércoresunha nova carta!!!

 

Peregrina con Leo León e descubre as rutas que levan a Compostela.