Complementarias

MAGOSTO 2014/2015

Dende a semana pasada mirabamos impacientes o tempo para ver se nos daba un respiro e nos deixaba facer o Magosto antes de que se nos estragaran as castañas. E por fin o luns vimos que o martes sería un bo día para levar a cabo o tradicional asado de castañas.

Comezamos a mañá preparando o lume para que estivera a punto para cando baixaran os nenos/as a degustalas, acompañadas dun zume de froitas, que xa se sabe que as castañas baixan moi ben cun pouquiño de líquido.

                             

Mentres, os alumnos/as preparaban nas súas clases os cornetes e demais creacións para levar unha boa presada de castañas quentiñas e poder sentarse tranquilamente no patio a comelas.

                             

 

                                  

Unha vez rematada a degustación, que por certo pouca proba quedou, deron comezo os tradicionais xogos no patio do colexio.

-         

Sacos

                           

 

-         

Baile da vasoira

                                      

-         

Xogo do conxelado

                                                 

-         

Tiro á Corda

                                      

-         

Birlos

                      

-         

Relevos de culleres

                                             

-         

                                             

-         

Diana

                    

 

-         

Baile coas castañas

Ç                   

 

                                   

HANSEL E GRETEL

O luns todo o cole foi a un concerto didáctico no auditorio da Semana Verde. Pero non fomos a escoitar un concerto calquera, senón que fomos a disfrutar dun concerto con títeres.

Ademáis de desfrutar dos títeres que nos levaron polos mundos de Hansel e Gretel, uns irmás aburridos de axudar aos seus pais que deciden marchar de aventuras topando unha casiña de chocolate e unha bruxa malvada, escoitamos un quinteto de vento con trompa, frauta traveseira, óboe, clarinete e o fagot.

Pasámolo moi ben e divertímonos moito.

Fin de Curso 2013-014

Para conmemorar o fin de curso tivemos unha xornada moi especial, na que non faltaron actuacións, xogos, e un xantar na carballeira do colexio. 

Se queredes ver o ben que o pasamos clicade na imaxe.

LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas o centro encheuse de contos, poemas,obras de teatro...

Os maiores do colexio escolleron un texto para lerlle aos mais pequenos. 

Como podedes ver nas fotos pasamos xuntos unha xornada moi entretida. 

 

 

Día de Rosalía

O luns día 24, para celebrar o día de Rosalía, o alumnado de segundo ciclo de primaria acudiu a un contacontos na casa da Cultura de Silleda.

Enredando, artesanía na escola” achega os oficios artesanais a escolares de Silleda

Magosto

As fotos do magosto están na galería da WEB, no album 2013-2014, magosto, a galería atópase na parte superior dereita desta web. debemos premer en galería.

 

Recordámoslles aos pais, nais e alumnos que na sección recursos atoparán actividades para repasar os contidos traballados na aula.

"LA VUELTA AL COLE"

                       

Distribuir contido