Skip to Content

Festa de Nadal

Preparados para celebrar o Nadal!!!!

Estes días estivemos decorando o centro para a celebración do Nadal. O último día lectivo deste ano teremos unha gran festa con chocolatada, badaladas e festival de cine.

Moitas grazas ás familias que colaboraron, xunto aos nenos e nenas, na decoración e a anpa por proporcionarnos a degustación dese día.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Decoración de Nadal

Charlas Plan Director

Esta mañán o alumnado de quinto e sexto de primaria, acompañados do seu profesorado asistiron as charlas do Plan Dierector, impartidas por membros da Garda Civil.  Este Plan, desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade, ten como obxectivo mellorar a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna.

Nestas charlas informativas/formativas trataronse os temas da protección do medio ambiente e o bulling.

O Magosto

E na véspera do San Martiño, celebramos no cole o Magosto.

Castañas asadas e xogos colaborativos para disfrutar deste divertido día.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Magosto

Diferentes diferenzas

Silvia Penide visitou o noso centro co espectáculo "Diferentes diferenza". Esta actividade foi promovida dende o Concello de Vilanova de Arousa dentro da programación para conmemorar o día 25 de novembro, "Día contra a violencia de xénero". O alumnado de Infantil, primeiro e segundo de primaria disfrutou deste contacontos musical.

Escola de familias: Disciplina positiva

Comezamos coas charlas para familias deste curso!

A charla deste primeiro trimestre tratará sobre como establecer normas e poñer límites para mellorar as relacións familiares e darlles seguridade e estabilidade aos nosos fillos/as. Silvia Santos, psicologa do concello de Vilanova, será a encargada de facilitarnos estratexias e métodos para conseguilo.- A charla será o martes 21 de novembro ás 19:00 h no centro.

Visita de Totan Kundu

Este curso, o alumnado de sexto de  primaria, está traballando e investigando sobre distintos paises do mundo, entre eles a India. Para profundizar no coñecemento deste país recibiron a visita de Totan Kundu, un xoven indio que vive na actualidade en Ourense. Totan faloulles da súa cultura, costumes e tradicións e o alumnado aproveitou  para realizar e gravar unha entrevista.

Moitas grazas Totan!!!! Agárdamos verte pronto por Baión!!

Samaín

E por fín...a primeira celebración do curso!

Tede coidado coas bruxas, demos, trasnos e pantasmas que percorrerán hoxe o noso cole!! Chegou o Samaín!!!

Na entrada do cole están expostas, nun tunel do medo, as cabazas que fixéchedes na casa coa axuda das vosas familias.

Vai ser un día moi especial con película TERRORÍFICA en todas as salas dos cines Sestelo.

Hoxe toca PASAR UN POUQUIÑO DE MEDO!!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Samaín

Curtas, Festival do Imaxinario

Esta mañán o alumnado de terceiro, cuarto e quinto de primaria visitaron a exposición sobre Indiana Jones na sala Brionés de Vilagarcía de Arousa. Tamén asistimos á inaguración do festival, cun concerto didáctico do grupo Caspervek no auditorio.

Os nenos e nenas puideron comprobar a importancia das bandas musicais no cine, coñecer un pouquiño da historia do cine mudo e ver como eran os primeiros efectos especiais.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Festival Curtas

As cabazas de Samaín

Xa estamos a preparar as exposicións de cabazas do Samaín!!!

Teremos unha exposición que expoñeremos na entrada do cole e que poderedes visitar e a exposición virtual de fotografías que publicaremos en Agueiro e nesta páxina web.

Animádeos a participar con terrorríficas cabazas !!!

 
Distribuir contido


by Dr. Radut