Deixo un documento para descargar que deberá vir cuberto o luns 11.
É moi importante traelo cuberto para á hora da saída saber se cada nena/o vai empregar servizo de autobús (parada), servizo de comedor ou se o veñen recoller.
Se non se dispón de impresora pode vir escrito á man.
Se pinchades nas imaxes de arriba poderedes ver toda a información relativa ao período de adaptación de Eduación Infantil e tamén do calendario escolar 23/24.
Este último quedara presente na páxina web na marxe dereita en versión resumida, arriba de todo por se o necesitades consultar nalgún outro momento ó longo do curso.
A partir do día 3 de xullo o alumnado de 6º de EP xa pode vir recoller o seu Historial Académico. Ten que vir a recollelo a nai/pai/representante legal ou outra persoa cunha autorización dun deles.
Cando os vales das axudas de material e libros estean dispoñibles avisaremos para que se poidan vir recoller.