Skip to Content

Cine de Primavera

Rematamos o trimestre con Cine de Primavera. O cole convirtiuse nun improvisado cine, con taquilla, tickects, postos de palomitas e acomodadores. Os nenos e nenas viron unha película adaptada a súa idade nalgunha das dúas salas de proxección .

Un gran final de trimestre. Boas Vacacións!!!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Cine de Primavera

Recital poético Dula Piñeiro. Día da Poesía

O día 21 de marzo conmemoramos o día da Poesía cun recital poético da obra de Dula Piñeiro.

O alumnado preparou poesías da poeta vilanovesa para ser recitadas nun acto celebrado no vestíbulo do centro.

Teatro en inglés

O teatro chegou ao noso cole coas representacións: "The magic machine" e "Out of time".

O noso alumnado pasou un rato moi divertido con estas obras en inglés e ao mesmo tempo practicaron a comprensión oral nesta lingua.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Teatro en inglés

Aparellos de cine

Ao longo do mes de marzo realizamos un obradoiro sobre APARELLOS DE CINE. Os rapaces e rapazas descubriron e realizaron algúns dos inventos, xoguetes ópticos, que foron precursores do cinematógrafo. Os axentes da biblioteca foron os monitores que axudaron ao alumnado na realización desta tarefa.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Aparellos de cine

O bosque atlántico

O educador ambiental Marcos Guiadanes visitou o noso centro para dar unha charla ao noso alumnado de quinto e sexto de primaria. O tema da exposición foi "O BOSQUE ATLÁNTICO".

Foi unha charla moi amena onde puidemos saber cales son as especies árboreas orixinais do noso ecosístema e coñecer que o principal problema que padece esta parte de Galicia é a alarmante redución da grande biodiversidade que existiu nun dos ecosistemas máis ricos do planeta como é o bosque atlántico. Marcos fíxonos reflexionar sobre a tarefa que temos para correxilo e que corresponde aos que vivimos aquí.

Agradecer ao concello de Vilanova pola organización desta actividade.

Sigue as pistas e adiviña

Participa no xogo de pistas da biblioteca!!!!

Cada día da semana aparecerá unha nova pista que nos permitirá atopar un obxecto, situación, personaxe ... relacionado co cine.

8 de marzo, Día da Muller

Este ano conmemoramos este día lembrando a mulleres relacionadas co cine. Queremos dar visibilidade a grandes directoras, guionistas e actrices da industria cinematográfica.

Publicación de vacantes para o curso 2024/25

              (Pincha na imaxe para ver as vacantes)

Iniciación á Robótica

Este curso o alumnado de 5º e 6º de primaria iniciouse no desenvolvemento de habilidades e competencias relacionadas coa programación e o manexo dos robots Mbot. En grupos realizaron traballo colaborativo para resolver os retos que se lles propoñían.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut