Skip to Content

Digitalweek

O alumnado de 6º de primaria, ao logo de toda esta semana, participa no programa Digitalweek, programa de inmersión linguística en lingua inglesa a través de actividades dixitais.

A actividade desenvólvese nun centro residencial de Os Peares (Ourense). Alí practicarán o idioma inglés en contextos comunicativos enfocados á mellora da comunicación oral e contarán con profesorado nativo en lingua inglesa.

Unha gran experiencia para o noso alumnado coa que aprenderán e disfrutarán da compañia dos seus compañeiros e de nenos e nenas doutros centros da comunidade.

 

"Sestelo, un cole de cine"

Este curso desenvolveremos un proxecto de investigación interdisciplinar sobre o cine.

Entre os obxectivos que nos propoñemos acadar están: levar a cabo un programa formativo en linguaxe audiovisual, visionar e analizar filmes que teñan relación cos elementos curriculares, crear pezas audiovisuas empregando diversas técnicas e introducir ao alumnado na historia do cinema.

Así que LUCES, CÁMARA, ACCIÓN!

Madriñas e padriños de lectura

Xa realizamos o sorteo para emparellar @s madriñas/padriños c@s afillad@s de lectura.

Foi o azar quen uniu a unha parella de compañeir@s do centro para compartir lecturas e actividades este curso.

(ver fotos)

 

 

Visita ao Pazo de Baión

O alumnado de primaria tivo a oportunidade de visitar o pazo veciño ao noso colexio, o Pazo de Baión, propiedade da adega "Condes de Albarei". Percorremos os viñedos que estaban en plena vendima e experimentamos cos nosos sentidos como se realizaba a recolección da uva.

Disfrutamos durante unhas horas deste espazo con tanta beleza paixasística e arquitectónica.

Grazas aos responsables do pazo por facilitarnos a visita.

(Ver fotos)

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O PRIMEIRO DÍA DE CURSO - LUNS 11

 

Bo día familias,

 

Deixo un documento para descargar que deberá vir cuberto o luns 11.

É moi importante traelo cuberto para á hora da saída saber se cada nena/o vai empregar servizo de autobús (parada), servizo de comedor ou se o veñen recoller.

 

Se non se dispón de impresora pode vir escrito á man.

 

Moitas grazas,

O equipo docente

PERIODO DE ADAPTACIÓN E CALENDARIO ESCOLAR (este último actualizado 15/09/23)

   

Boas tardes familias, 

Se pinchades nas imaxes de arriba poderedes ver toda a información relativa ao período de adaptación de Eduación Infantil e tamén do calendario escolar 23/24.

Este último quedara presente na páxina web na marxe dereita en versión resumida, arriba de todo por se o necesitades consultar nalgún outro momento ó longo do curso.

Festival fin de curso 22/23

O último día do curso celebramos unha festa con actuacións musicais de todos os niveis. Tamén despedimos á promoción de sexto de primaria que marchan para o instituto. Moi boa sorte chicos e chicas nesta nova andaina!!!!

Pincha sobre a imaxe para ver máis fotos

Álbum: Curso 2022/2023 -> Festival fin de curso

Galicia é moito!!!!

Este curso desenvolvimos no centro un proxecto de investigación sobre Galicia, coordinado dende a Biblioteca.

No terceiro trimestre cada curso elaborou un pequeno vídeo sobre a súa investigación.

Pinchando sobre a imaxe podedes velos!!!!

1º e 2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut