Skip to Content

Curtas, Festival do Imaxinario

Esta mañán o alumnado de terceiro, cuarto e quinto de primaria visitaron a exposición sobre Indiana Jones na sala Brionés de Vilagarcía de Arousa. Tamén asistimos á inaguración do festival, cun concerto didáctico do grupo Caspervek no auditorio.

Os nenos e nenas puideron comprobar a importancia das bandas musicais no cine, coñecer un pouquiño da historia do cine mudo e ver como eran os primeiros efectos especiais.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Festival Curtas


album | by Dr. Radut