Skip to Content

Augas de Galicia

O pasado venres, 24 de maio, o alumnado de primaria participou na campaña que está a desenvolver Augas de Galicia de información sobre as medidas de prevención e redución de riscos de asolagamento. Na nosa comarca a área de maior risco está en torno ás ribeiras do río Umia.

 
 
 
 
 

Becas ANEAES - Ministerio de Educación

 

 
 
 
 
 
 
 

Fondo Solidario de Libros

 

 
 
 
 
 
 
 

Visita Josito Porto

Como neste curso no colexio estamos traballando nun proxecto sobre o Cine, este xoves 9 de maio, tivemos o pracer de recibir a visita dun gran actor e músico galego, Josito Porto.

As reporteiras de 6º aproveitaron para facerlle unha entrevista coa que puidemos coñecer máis sobre a súa traxectoria profesional e algúns segredos da gran pantalla. 

Moitas grazas a Josito Porto por dedicarnos de forma desinteresada parte do seu valioso tempo.

(pincha na imaxe para ver máis fotos)

(nova na prensa)

Álbum: Curso 2023/2024 -> Josito Porto

Día do Libro

Conmemoramos esta data tan especial, 23 de abril-día do Libro, lucindo unhas preciosas chapas que deseño e elaborou todo o alumnado do centro.

Así de bonitas quedaron!!!

Visita a Pontevedra

O venres 12 de abril, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria realizamos unha visita ao Museo de Pontevedra.   Foi do máis interesante é entretida. Por unha banda, o alumnado de 3º e 4º xogou a ser detectives, seguindo  unha serie de pistas foron quen de descubrir quen  “roubara un dos cadros do museo”. Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º realizou unha interesante viaxe pola Prehistoria na que aprenderon un montón de cousas.  Dende o Museo convidaron aos rapaces e rapazas a volver visitar o Museo acompañados das súas familias, xa que aínda lle quedaron moitas salas por descubrir, a visita é gratuíta e realizan talleres e actividades para os rapaces e rapazas que poden consultar na súa páxina web.

Por último, realizamos unha visita guiada polo centro histórico da cidade na que descubriron os segredos e a historia das súas rúas, prazas e edificios máis emblemáticos. Dende aquí o noso agradecemento á Deputación de Pontevedra por facilitarnos á visita e o desprazamento ao museo e á Oficina de Municipal de Turismo de Pontevedra e, en especial, á súa guía Raquel que tan ben nos acompañou e explicou todo.

(pincha na imaxe para ver máis fotos)

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visitamos Pontevedra

Pasando a bóla

Visitounos Celtia Figueira da compañia "A Xanela do Maxín" para presentarnos un proxecto-espectáculo de intervención contra o acoso escolar.
"Pasando a bóla: Xogando para cambiar". 
Utilizando a maxia do teatro e do xogo dramático, Celtia axudounos a reflexionar e mellorar sobre o respecto, a comprensión e a empatía.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut