Skip to Content

 

                           

EDLG 2019/20

Creando instrumentos

 
Álbum: Outros -> Creación de instrumentos

Os bolechas

Picando na imaxe podedes acceder ao libro que facilitan desde os Bolechas sobre o autor ao que se lle dedican as Letras Galegas este ano Ricardo Carvalho Calero:

Evento: Los Bolechas: Carvalho Calero | Cultura de Galicia

Os maios

Aquí podedes ver algúns dos Maios que fixemos nas nosas casa e mirade que chulos quedaron!

Álbum: Outros -> Os maios

O noso día do libro especial 2020

GRAZAS A TODOS E TODAS!

22 de abril. DÍA DE LA TIERRA

 

Hoxe é o día da Terra, a ver se este virus, coas cousas todas terribles que trae, sírvenos polo menos para remplantearnos un novo modelo, onde a ecoloxía sexa o punto central da economía e do noso modelo de vida. Se a vida non é sostible, rematará non sendo vida.

O Día da Terra celébrase dende hai 50 anos.

Hoxe é un día para rendir homenaxe ao noso planeta e recoñecer a TERRA como o noso fogar e a nosa nai. 

Xoga con google : Que importantes son as abellas no noso planeta!

Podedes pintar o debuxo no adxunto

 

BRAVAS

Dende 7H Cooperativa Cultural comparten esta publicación, creada con moito agarimo e #creatividadecooperativa, para que, tanto durante o confinamento coma despois del, grandes e pequenas descubramos a mulleres referenciais, sen prexuízos nin estereotipos de xénero.

"BRAVAS: científicas e artistas galegas da nosa historia" contén unha selección de láminas ilustradas con figuras colorables e recortables de dez galegas de recoñecida traxectoria en distintos eidos da ciencia, a arte e a cultura. Cada unha das nosas bravas protagonistas está acompañada dun breve texto, destinado a lectoras adultas, para facilitar a aproximación ás biografías de senlleiras personaxes femininas de distintas etapas da nosa historia.

Agardamos que lle poidades sacar bo proveito! 

 

 Podedes descargar o PDF nesta ligazón ou picando na seguinte imaxe: https://cutt.ly/ftH6se6

Aprende coas mulleres galegas

O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegarnos unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de catro referentes intelectuais de Galicia.

 

Polo de agora, podedes consultar as actividades dedicadas

Cada tres días aproximadamente publicarase unha nova ficha dedicada a outra muller. Cada ficha terá un resumo bibliográfico e logo unhas actividades.

Estarán publicadas na páxina web da Secretaría xeral da Igualdade e nas RRSS de igualdade (Twitter, facebook e Instagram)

2 DE ABRIL

Con motivo do Día Mundial do Autismo, estades todos invitados a decorar as vosas fiestras e/ou balcóns con lazos azuis, corazóns azuis, molinillos azuis, globos azuis, debuxos, pezas de quebracabezas, panos ou telas azuis… ou calquera mensaxe positiva e inclusiva, coa finalidade de dar visibilidade e apoio a este colectivo, algo máis necesario si cabe nesta ocasión tendo en conta as actuais circunstancias de confinamento.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut