Skip to Content

 

                           

Curso 2023/24

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A día de hoxe aínda existe un gran descoñecemento sobre o autismo.  Por exemplo, sabías que non existen dúas personas autistas iguais? ou que non hai rasgo físico visíbel que sexa identificativo de que unha persoa é autista?  A falta de información, os mitos e as imaxes estereotipadas que vemos en series ou películas non axudan a entender o autismo e as súas características, pero trátase dunha realidade moi presente na sociedade que debemos coñecer, comprender e apoiar. 

 

O día 2 de abril celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.  Nós aportamos o infinito colectivo á campaña. #AutismoCercaDeTi  #DíaMundialAutismo

Picando nesta ligazón podedes atopar información para axudar a levar esta mensaxe máis lonxe. 
Álbum: CURSO 2023/24 -> TEA

Día Internacional dos Bosques e da Auga

O pasado 22 de marzo celebramos o Día dos bosques e da auga.  Os nenos e nenas de 2º e 3º fixeron estes traballiños para conmemorar este día. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Día Internacional dos Bosques e da Auga

Día Mundial do Síndrome de Down

Onte, 21 de marzo foi o Día Mundial do Síndrome de Down.  Esta conmemoración ten o seu significado simbólico: o terceiro mes do ano representa a trisomía do cromosoma 21, característica xenética deste síndrome. 

Nos últimos anos, a esta xornada engadiuse un importante símbolo.  Trátase de vestir un par de calcetíns desparellados, xa que teñen unha forma parecida aos cromosomas, para mostrar que NÓS TAMÉN aceptamos a diferenza sen ningún prexuízo.  

 

Álbum: CURSO 2023/24 -> S. Down

Visita á cociña

A clase de 5º de Ed. Infantil visitou onte a nosa cociña e axudaron a preparar o postre especial que tivemos esta semana "Torrijas", estaban boísimas! 

Seguro que voltamos noutra ocasión. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> PEQUENOS CHEFS

Día da Felicidade

O Día 20 de marzo celebrouse o Día da felicidade.  Cada grupo aportou dúas palabras que lles transmitiran felicidade e fixemos un pequeno mural, velaquí o tedes! 

Día da Felicidade

Semana da prensa

Para celebrar a Semana da Prensa, todos os alumnos do centro fixeron un Xornal mural con noticias creadas por eles mesmos. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Semana da prensa

Xornal dixital

O alumnado de 6º de Ed. Primaria para conmemorar o Día da Muller e a Semana da Prensa, elaborou o seu propio xornal dixital. 

Aquí o podedes consultar!

 

Xornal dixital

XOGADE

O pasado mes de febreiro, o alumnado de 6º de Ed. Primaria asistiu ás xornadas concentración tenis de mesa organizadas por XOGADE (Xogos galegos deportivos en idade escolar). 

Álbum: CURSO 2023/24 -> XOGADE

8M: Día Internacional da Muller

Álbum: CURSO 2023/24 -> Día da Muller

Obradoiro de maxia

O Concello de Becerreá xunto có Ministerio de Igualdade para celebrar o Día da Muller convidáronnos a disfrutar dun obradoiro de maxia dirixido ao alumnado de E. Infantiil, 1º,l 2º e 3º de Ed. Primaria. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> MAXIA
Distribuir contido


by Dr. Radut