Skip to Content

 

                           

Plan Proxecta: Nutriescolas e Proxectos de vida activa e deportiva.

O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.

Día de Rosalía

 

 Neste vídeo podedes ver ao alumnado de Educación Infantil coloreando parte da decoración que temos no cole

Malala

O alumnado de 5º de Educación Primaria traballou a figura de Malala na materia de Educación en valores, elaborando o mural que podedes ver na imaxe
Malala

Ana Peleteiro

O alumnado de 4º de Educación Primaria estivo investigando sobre a atleta galega Ana Peleteiro

 

 

Ana Peleteiro

Caixas Viaxeiras

Dentro do proxecto  Donas de si  no que este ano participamos queremos traballar coas Caixas Viaxeiras, proposta de Biblioteca, que nos dotou con diferentes libros para traballar a igualdade, a inclusión, a diversidade..

Tres caixasa, unha azul para Infantil, outra vermella para 1º, 2º e 3º, e outra verde, para 4º ,5º e 6º. Tres caixas cheas de libros que poderán levar a casa a modo de préstamo e tamen para traballar e ler nas aulas, no tempo de lecer.. Estes libros están a disposición de todo o persoal do centro.

   

Grandes mulleres

O alumnado de Educación Infantil traballou coa súa mestra Natalia o Día da Non Violencia de Xénero, facendo conciencia nos máis pequenos de non esquecer que todas as persoas teñen os mesmos dereitos e todas deben ser e sentirse libres, respectadas e seguras.

Falaron e profundizaron sobre as personaxes femininas de ficción que máis nos gustan e por que, porque son fortes, intelixentes, valentes e fixeron unha comparativa con outras mulleres reais e extraordinarias que ao longo da historia contribuiron a facer do noso mundo, un mundo mellor!

 

 

 

 

 

Donas de si. Igualdade

PROXECTO DONAS DE SI
 
 
Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres na sociedade do século XIX, cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.

Obxectivo xeral

O programa "Donas de si" ten como obxectivo principal  visibilizar e pór en valor a participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut