Skip to Content

 

                           

Plan Proxecta: Nutriescolas e Proxectos de vida activa e deportiva.

O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.

Educación Vial

Esta semana tocou poñer en práctica todo o aprendido a semana pasada! 

Álbum: Mobilidade sostible e segura -> Circuito

Educación vial

Ao longo desta semana, todo o alumnado de infantil e primaria asistiu a unha charla sobre educación vial.  Temos que preparanos que a próxima semana virá cargada de sorpresas! 

A BICI DO FUTURO

Vamos a deseñar a bici do futuro. Equipa a túa bici con complementos para que sexa respectuosa co medio ambiente e teña todo o que precisas.

Podes poñerlle batería, motor eléctrico, dínamo para luces... Todo o que se che ocorra. Despois coloréaa e podes debuxarte subido a ela con casco e chaleco reflectante por suposto.

Frida Kahlo

Música: Banda sonora de Coco (Adaptación de Llorona de Chavela Vargas)

BRAVAS

Dende 7H Cooperativa Cultural comparten esta publicación, creada con moito agarimo e #creatividadecooperativa, para que, tanto durante o confinamento coma despois del, grandes e pequenas descubramos a mulleres referenciais, sen prexuízos nin estereotipos de xénero.

"BRAVAS: científicas e artistas galegas da nosa historia" contén unha selección de láminas ilustradas con figuras colorables e recortables de dez galegas de recoñecida traxectoria en distintos eidos da ciencia, a arte e a cultura. Cada unha das nosas bravas protagonistas está acompañada dun breve texto, destinado a lectoras adultas, para facilitar a aproximación ás biografías de senlleiras personaxes femininas de distintas etapas da nosa historia.

Agardamos que lle poidades sacar bo proveito! 

 

 Podedes descargar o PDF nesta ligazón ou picando na seguinte imaxe: https://cutt.ly/ftH6se6

Aprende coas mulleres galegas

O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegarnos unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de catro referentes intelectuais de Galicia.

 

Polo de agora, podedes consultar as actividades dedicadas

Cada tres días aproximadamente publicarase unha nova ficha dedicada a outra muller. Cada ficha terá un resumo bibliográfico e logo unhas actividades.

Estarán publicadas na páxina web da Secretaría xeral da Igualdade e nas RRSS de igualdade (Twitter, facebook e Instagram)

Around the world... PROJECTS!

A profe Raquel de Inglés animou aos alumnos a facer estes lapbooks tan chulos sobre diferentes países de fala inglesa, cantas cousas aprendemos!

Álbum: Outros -> Lapbook

Día da Muller en Ed. Infantil

Músicas galegas

O alumnado de 6º de primaria traballaron na clase de lingua galega as vidas das mulleres galegas no mundo da música.

Coas biografías traballadas quixeron dar visibilidade ás mulleres que se adican a facer música en galego.

Álbum: Día da muller 08.03.20 -> Músicas galegas 8M

Abecedario 8M

Lograr a igualdade de xénero nos diversos ámbitos é indispensable, con motivo disto os alumnos participaron na elaboración dun abecedario dedicado á loita da muller para celebrar o 8 de Marzo, o...

Día Internacional da Muller.   

Álbum: Día da muller 08.03.20 -> Abecedario 8M
Distribuir contido


by Dr. Radut