Skip to Content

ACTIVIDADES

Felicitacións de Nadal. Scratch

26/12/2018 00:08
Europe/Madrid

Estas son as felicitacións navideñas feitas polos nenos e nenas en Scratch. Para velas só tes que clicar en cada imaxe.

Noa   

    

 

                         

 

                          

                   

 

                        

 

                       

 

                         

   

  

      

 

CELEBRAMOS HALLOWEEN E SAMAÍN

Como cada ano por estas datas, o pasado xoves  tivemos un día moi particular. Logo de pasar a semana preparando o rincón de Biblioteca da entrada para que fora ao xeito, decorar as portas e crear ambiente na entrada coas cabazas decoradas que fomos traendo de casa, rematamos a semana facendo a nosa particular festa de Halloween/Samaín.

Pola mañá e seguindo as tradicións destas datas, fixemos Trick of Treat entre as clases, recitando os poemas propios en inglés; visitáronnos unha bruxas encantadoras, que dende a ANPA nos trouxeron un detalliño doce e adicamos parte da mañá a ser uns cociñeiros moi particulares, porque cada grupo elaborou un prato o máis terrorífico posible á vez que saudable para degustalo pola tarde no patio xunto co resto dos compañeiros.

Se queredes ver todo o que fixemos, podedes visitar a Galería de fotos, ou ben, premer neste vínculo que vos levará directamente a ela.

Boletín de novas " COMO CHO CONTO!" 2º TRIMESTRE

Xa están aquí as novas do segundo trimestre! COMO CHO CONTO! unha vez máis leva conta de actividades feitas no noso cole, de Xaneiro a Marzo:Premios Nobeis e Comenius, Paz, Entroido, Rosalía, Poesía,...  Pinceladas de inverno e andoriñas mensaxeiras de Primavera.

Relación de actividades realizadas neste curso

ACTIVIDADES

             1.- Continuar adquirindo fondos bibliográficos para o centro orientados a aqueles alumnos/as que máis o precisasen, complementado cos últimos envíos feitos pola Consellería de Educación           

              2.- A elaboración dun novo número do xornal escolar: "A TRABE-sía", do que se imprimiron 180 exemplares.           

              3.- Continuamos coa subscrición coa Editorial Kalandraka, que oferta unha actividades de contacontos referenciada aos propios títulos para os nenos e nenas de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.

              4.- Obras de teatro:

                      -Púxose en escea unha adaptación do conto "Ai, Filomena!"   polas alumnas e alumnos de 6º            

                  -Os rapaces de 1º do 1º ciclo representaron a obra "O avó"

                -Fixéronse distintas representacións con monicreques: os pequenos de E. Infantil recrearon contos ("Os tres porquiños", "Carrapuchiña Vermella", …), os rapaces de 1º do 1º ciclo recrearon a canción "Cocorico" e os nenos/as de 2º do 1º ciclo o conto "A princesa do Courel".

                 - Aproveitando a posta en escea por parte do G.T. do I.E.S. "Vilar Ponte" da obra "Commedia. Un xoguete para Goldoni"

              5.- Canto ao mantemento e recuperación de costumes e tradicións, desenvolvéronse as actividaes seguintes:

·         Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de E. Primaria elaboraron un catálogo de arbustos que dan froito ao final do verán e no outono. ·         Celebración do Magosto, para o que se elaboraron distintos materiais: murais sobre o outono, pequenos contos, gorros, cucuruchos, colares,…  (Tódolos ciclos).

·         Elaborouse un recetario no que se recollían distintas elaboracións de productos da época

·         Tamén se fixo unha exposición e degustación de froitos do outono 

·         Na última semana de outubro fixéronse distintos actos co gallo do Samaín, establecendo paralelismos e diferencias co Halloween saxón.

·         O Entroido. Elaboraron disfraces e aprenderon cantigas para o desfile que se fixo polas rúas de Viveiro. Este ano o tema dos disfraces foi o mundo do circo.

 ·         Recolleita de recitados, xogos de sortes, cancións,… en formato de audio (mp3) para a creación dun arquivo de tradición oral a disposición da comunidade educativa na web do centro. Elaboráronse unhas fichas para o rexistro e catalogación dos arquivos, das que se achega un modelo (2º ciclo).

          6.- Para a celebración das Letras Galegas 2009, á marxe do traballo co material institucional remitido ao centro, elaboráronse diversos murais (E. Infantil, 2º e 3º ciclos) e un panel-cómic biobibliográfico sobre Ramón Piñeiro (1º ciclo).

          7.- Polo que atinxe aos proxectos plurianuais previsto, o grao de desenvolvemento é diverso:

·         Tarxetas de Nadal, que se elaboraron (unha por cada ciclo) e se remitiron por correo electrónico aos distintos centros de ensino da Mariña.

·         Apadriña unha palabra, que orixinalmente se plantexou en colaboración con outros centros da Mariña. Seguiuse traballando na catalogación e ilustración de palabras (comúns e menos comúns). Así, no 1º ciclo escolleuse unha palabra sobre a que se investigou e se elaborou un mural. No 2º ciclo elexiron algunhas palabras desenvolvendo tarefas nas que o nexo de unión era o termo que se traballaba. No 3º ciclo, seguiuse un esquema semellante            

 8.- Contos viaxeiros. Esta actividade desenvolveuse por ciclos, adaptándose ao alumnado respectivo: En Ed.Infantil conxuntamente, decidiron o tema e os personaxes, redactáronos colectivamente en cada clase e construíron cada un, un exemplar. En 1º ciclo, consensuaron o tema e o texto e logo, por parellas, foron escribindo e ilustrando o texto.En 2º ciclo, xeneraron 4 inicios de contos e logo, en grupos de 4 a 6 persoas, foron redactando partes dos catro contos de xeito rotatito. Ao final, catro representates de catro grupos procederon ao tratamento informático dos textos finais.

Distribuir contido


by Dr. Radut