Skip to Content

Calendario escolar para o curso 2011-2012

Segundo a ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se  aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos o calendario escolar queda como sigue: 


 Artigo 5.  Actividades lectivas  


1. No 2.º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, as actividades lectivas realizaranse do día 12 de setembro de 2011 ao 22 de xuño de 2012, ambos os dous inclusive.


  Artigo 6. Períodos de vacacións


  1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2011 ata o día 8 de xaneiro de 2012, ambos os dous inclusive. 


 2. Semana Santa: desde o día 2 ao 9 de abril de 2012, ambos os dous inclusive.


 3. Entroido: días 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.


 Artigo 7.Días non lectivos


. 1. Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro) e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.  


2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales serefire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, consellos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que se deberán prever na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 28 de outubro de 2011, perante a xefatura territorial, que, logo de informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda.


  3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificara celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2011/2012 se celebrará o 31 de outubro de 2011.



page | by Dr. Radut