Skip to Content

Proxecto Abalar

Menú Comedor Marzo 2022

mar22

INICIO DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2022/23

Achéganse as instrucións relativas ao rexistro das solicitudes de admisión (código de procedemento ED550B), no que con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes por parte das familias será entre os días 1 e 21 de marzo.

Este prazo é unicamente é para alumnado que se incorpore novo ao centro: 4º de educación Infantil (3 anos) ou calquera outro alumno/a doutro curso que esté escolarizado noutro centro e desexe trasladarse ao noso.


 

Calendario do proceso e documentación que se presentará para reservar e formalizar a matrícula

 

Na secretaría do centro estarán a súa disposición os cartafoles de matrícula, información e documentos necesarios a partir do xoves 3 de marzo.

Igualmente infórmase de que as instrucións anuais da Dirección Xeral están colgadas no menú AXUDA da ferramenta admisionalumnado.

Finalmente, os modelos normalilzados de solicitude, están dispoñibles na propia ferramenta, e na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

 Tríptico informativo sobre a organización do centro

Todas as familias interesadas na solicitude de matrícula dos seus fillos/as para o vindeiro curso 2022-2023 no CEIP PLURILINGÜE SAN ROQUE DE DARBO,poden consultar a información relativa a organización e funcionamento do centro facendo clic na imaxe. Para calquera consulta sigan as instrucións dadas no documento.

 

 

ENTROIDO 2022

Queridas familias e membros da comunidade educativa:

O ENTROIDO chega á nosa escola!

Ao longo da semana iremos traballando nas aulas as costumes, os traxes e as tradicións típicas do entroido galego, entre outros cos nosos mestres/as. A Farroupeira amenizaranos a semana invitándonos a disfrazar unha parte do corpo cada día.

As consignas serán as seguintes:

- LUNS 21 DE FEBREIRO: disfrace dos pés.

-MARTES 22 DE FEBREIRO: disfrace das mans e dos pés.

-MÉRCORES 23 DE FEBREIRO: disfrace da cabeza, mans e pés/ ou todo o corpo.

-XOVES 24 DE FEBREIRO: traemos o pixama xa que somos noctámbulos

-VENRES 25 DE FEBREIRO: FESTIVAL DO ENTROIDO. DISFRACE LIBRE INTENTANDO QUE ESTÉ FEITO CON MATERIAL DE RECICLAXE.

Ademais, o venres 25 de febreiro parte do alumnado fará unha exhibición de danza típica de Cangas "Madamas e Galáns". Gozarán dun recreo máis amplo con música de entroido e tomaremos chocolate con orellas!.

*IMPORTANTE:

Cada un dos alumnos/a deberá traer unha taza/vaso para tomar o chocolate e así non desbotar tanto plástico na escola favorendo un ecosistema sostible.

Lembramos que o noso centro está inmerso no proxecto Educ-Arq e potencias a adquisión dos ODS para así favorecer un centro limpo onde o alumnado sexa o protagonista deste cambio de forma consciente.

Un saúdo e FELIZ ENTROIDO!

 

 

TRÍPTICO INFORMATIVO MATRÍCULA 2022/23

Queridos membros da comunidade educativa:

Amosámoslles este tríptico (ver adxunto) con información relevante sobre o CEIP Plurilingüe San Roque de cara á fase de reserva de praza de alumnado de nova incorporación para o curso 2022/23.

As xornadas de portas abertas serán nas datas que de seguido se indican:

MARTES  8 FEBREIRO

                 QUENDA 1ª: DE 16:00H A 17:00H

                 QUENDA 2ª: DE 17:00H A 18:00H

MARTES 15 FEBREIRO

                 QUENDA 1ª: DE 16:00H A 17:00H

                 QUENDA 2ª: DE 17:00H A 18:00H

MARTES 22 FEBREIRO

                 QUENDA ÚNICA DE 18:00H A 19:00H

 

 

Menú Comedor Febreiro 2022

febreiro

PROTOCOLO COVID-19 ACTUALIZADO E TEST ANTÍXENOS

Estimadas familias:

Adxuntamos a última actualización do protocolo de actuación nos colexios ante a COVID-19 por se vos serve de axuda.

Ademais, como sabedes, os centros fomos dotados con tests de antíxenos a través de saliva para aqueles alumnos/as que se considere que corren risco de terse infectado de COVID-19.  Estas probas deben ser realizadas na casa por unha persoa adulta responsable do alumno/a seguindo as instruccións da caixa.  

Todos/as os/as nenos/as que obteñan un resultado positivo na proba de antíxenos de autodiagnóstico serán consideradas directamente como caso confirmado de infección activa polo SARS-CoV-2. Polo tanto, estes/as nenos/as deberán seguir as medidas de illamento dispoñibles na páxina web do coronavirus (ligazón). En todo caso, o caso confirmado sempre deberá seguir as indicacións dos profesionais sanitarios que se encarguen do seu seguimento clínico. Co fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do/a neno/a deberá notificar o positivo a Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus (ligazón) ou chamar ao 881 540 045.

O Equipo Directivo

PILABOT

Iníciase PIlabot.

 

Como xa falaramos, Pilabot é un concurso para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

A partir de hoxe, 26 de xaneiro o alumnado de Educación Primaria levará unha caixa para facilitar a recollida de pilas nos seus fogares. Tamén podedes introducilas nun contedor sito na conxersería.

Neste concurso poderá participar toda a comunidade educativa. Deberedes facer chegar as pilas polo alumnado (se é de Primaria) ou ben traelas algún membro da familia (alumnado de Infantil).

A pesada de pilas recollidas realizarase entre os días 24 de febreiro e 31 de marzo.

Cantas máis pilas recollamos mellor! Lembrade que deben ser pilas, botóns, acumuladores ou baterías que estean precintados, poidan portarse coa man e non sexan industriais nin de automóbiles.

Deixámosvos máis información aquí do centro.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2022/23

FASE DE RESERVA DE
PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN PARA O ALUMNADO DE 6º DE E.P. PARA O CURSO 2022
– 2023.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda continuar estudos no centro
adscrito ao noso, o IES Monte Carrasco, para os efectos de reserva de praza,
deberá remitir o  formulario normalizado ED550A. Para presentar esta solicitude deberase seguir unha das seguintes tres opcións,
detalladas no enderezo web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala
    asinada de xeito manual na Secretaría do centro.
  2. Cubrir a solicitude
    informaticamente e asinala na Sede Electrónica
    (precísase Chave 365
    ou Certificado Dixital).
  3. Cubrir a solicitude
    manualmente e presentala asinada presencialmente na Secretaría do centro
    .

 

  • Adxunto
    remítese o formulario ED550A, en castelán e galego.
  • O prazo de
    solicitudes abrangue dende o 11 de xaneiro ao 8 de febrero de 2022, ambos
    incluídos.
  • As
    solicitudes poden presentarse tamén a través do propio alumnado.


Normativa de aplicación:

  • ORDE do 18 de decembro de
    2020
     pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de
    2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en
    centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas
    de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación
    secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006,
    do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se
    modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o
    procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados
    con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación
    infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de
    bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola
    que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros
    docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º
    ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación
    secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006,
    do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se
    regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos
    públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil,
    de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de
    bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Menú Comedor Xaneiro 2022

xaneiro

Distribuir contido


by Dr. Radut