Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Hoxe, 6 de xullo, saiu publicada a listaxe definitiva de 3º de Educación Primaria de fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22. Atópase exposta na porta principal do edificio administrativo.

O alumnado de 4º de Educación Primaria que solicitou a axuda para o fondo de libros non ten que mercar libros xa que as editoriais proporcionaránnolos. Unicamente, mercarán os cadernos que están na listaxe de libros.

Lembren que en 5º e 6º de Educación Primaria non necesitan libros físicos por estar inmersos no Programa Edixgal.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Hoxe, 2 de xullo, saiu publicada a listaxe provisional de 3º de Educación Primaria de fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22. Atópase exposta na porta principal do edificio administrativo.

O alumnado de 4º de Educación Primaria que solicitou a axuda para o fondo de libros non ten que mercar libros xa que as editoriais proporcionaránnolos. Unicamente, mercarán os cadernos que están na listaxe de libros.

Lembren que en 5º e 6º de Educación Primaria non necesitan libros físicos por estar inmersos no Programa Edixgal.

 

 

 

 

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/22

Adxuntamos a listaxe de libros de texto para o curso 2021/22.

 

 

INICIO DO PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR (CURSO 2021-22) E APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO COMEDOR.

Segundo a Instrución 2/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-22,

Iníciase o prazo de solicitude de praza para usuarios do comedor escolar para o curso 2021/22.

Adxuntamos o formulario coa solicitude que se terá que entregar en secretaría seguindo as instrucións que veñen recollidas en dito documento.

Pregamos as lean con atención.

Prazo de admisión de solicitudes: do 1 ao 12 de xullo ( ata as 12:00h).

Ademais, adxuntamos o anexo IV correspondente á apertura do prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as voluntarios/as de comedor. Na secretaría do centro, recollerase o formulario de inscrición para pais/nais/titores legais colaboradores/as do comedor do vindeiro curso.

 

MENÚ ESCOLAR: XUÑO

INICIO PRAZO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Adxuntamos a información do fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021/22 nun arquivo adxunto PDF seguindo o establecido na ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación neste fondo. 

Para descargar as solicitudes (ANEXO I E II) deben descargar o pdf adxunto.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 21 de maio ao 22 de xuño (ambos inclusive).

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22

 
Con data 13 de maio de 2021 saiu publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2021/22.
As listaxes co alumnado están publicadas no taboleiro situado no interior do edificio administrativo do centro ou poden consultar a información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 
empregando a Chave 365 ou Certificado Dixital.

As solicitudes presentadas fóra de prazo non aparecen nesta listaxe xa que é a Xefatura Territorial a encargada de tramitalas.
 

MENÚ ESCOLAR: MAIO

INFORMACIÓN RESERVA PRAZA ALUMNADO NOVO CURSO 2021/22. LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS.

INFORMACIÓN RESERVA PRAZA ALUMNADO NOVO CURSO 2021/22
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS.
 
Estimadas familias:

Con data 15 de abril de 2021 saiu publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2021/22.
As listaxes co alumnado están publicadas no taboleiro situado no interior do edificio administrativo do centro.



Lembrade que as listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

MENÚ ESCOLAR DO MES DE ABRIL

Distribuir contido


by Dr. Radut