Skip to Content

Menú Comedor Decembro 2021

GRABACIÓN CHARLA PROXECTO EDUC-ARQ

Estimadas familias,

Como sabedes, o pasado xoves tivo lugar unha charla online coa arquitecta Mar Penela para informar ás familias sobre o desenvolvemento do proxecto EDUC-ARQ.

Para todas aquelas familias que non poideron asistir a dita charla e queiran poñerse ao tanto do que se tratou, colgamos un link de acceso á grabación da mesma.

 

 

 

Ademais, gustaríanos contar coa vosa participación na seguinte enquisa sobre a transformación do espazo no colexio:

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeYCsTATQCwFHesG6T3BhEgopgQom2ULWoC0lDJWbSVTFIeFg/viewform

 

 A data límite de participación é ata o 10 de xaneiro.

 

Grazas a todos pola vosa colaboración.

 

REUNIÓN INFORMATIVA EDUC-ARQ

Estimadas familias, 

Como xa anunciamos con anterioridade, este xoves 25 de novembro ás 17.30h haberá unha charla informativa de xeito telemático sobre o proxecto EDUC-ARQ para todas aquelas familias que queiran participar.

Poderedes acceder á reunión clicando no seguinte enlace:

 

ID de reunión: 875 7978 7178

Código de acceso: 703964

Agardámosvos!

 

 

 

PROXECTO EDC+ARQ: “TRANSFORMANDO ESPAZOS”

O pasado curso 2020-21 iniciamos o proxecto multidisciplinar cuxo obxectivo é a transformación e renaturalización de espazos no centro educativo, EDUC+ARQ, e que ten continuidade no 2021-22.

EDUC+ARQ é un proxecto transversal, interdisciplinar e aberto a toda a comunidade educativa. Esta idea de transformar a escola en espazos máis próximos e adaptados ao alumnado permítenos traballar na aula integrando as distintas materias do currículo (matemáticas, lingua, ciencias …) e fomentar a aprendizaxe colaborativa.

Por outra banda, e, como todos e todas sabemos, por mor das restriccións COVID-19, o pasado curso non puidemos facelo extensible ás familias, polo que foi un ano transitorio de formación para docentes e de práctica de actividades internas co alumnado. Neste curso, entramos na fase práctica para a cal estariamos encantados de contar coa colaboración das familias, ANPA, Concello,… Para elo, o vindeiro xoves 25 de novembro ás 17:30 h, e, de xeito telemático, temos programada unha charla informativa contando coa relatora Mar Penela, arquitecta e guía de EDUC+ARQ. O enlace a mesma enviarase vía Abalarmóbil e páxina web.

Na entrada principal do edificio escolar temos unha exposición mural cos traballos do alumnado.

AS FAMILIAS PODEDES APORTAR MOITO NESTE PROXECTO!!

 

 

 

 

XORNADAS POLA IGUALDADE

Adxuntamos información sobre as Xornadas pola Igualdade

igualdade

Menú Comedor Novembro 2021

Actividade online do proxecto "Educación Responsable" para as familias

Enlace á información proporcionada pola Rede de Centros de Educación Responsable.

 

Menú Comedor Outubro 2021

outubro

INFORMACIÓN ALERTA ESCOLAR

INFORMACIÓN ALERTA ESCOLAR

Todos aqueles nenos/as que estén incluídos no programa alerta escolar ou que posúan algunha enfermidade/alerxia/intolerancia aínda que non estean neste programa, deberán poñerse en contacto co titor/a do seu fillo/a para poder actualizar os datos concretos de cada neno/a e deberán traer a seguinte documentación:

-Informe médico informando da necesidade de administración dalgunha medicación no centro escolar (se é o caso)

-Medicación actualizada

 

 

Proxecto Abalar

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE O PROXECTO ABALAR (FOLLETO INFORMATIVO CURSO 2021-22)

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/folleto_edixgal_21_22.pdf

 

Distribuir contido


by Dr. Radut