Dende o CEIP San Pedro de Visma estamos moi emocionadxs de poder presentarvos o noso proxecto “SEMENTA CAMIÑO”
EN QUE CONSISTE⁉️ É un proxecto interdisciplinar organizado por Equipo de Medio Ambiente @sanpedrovisma , Equipo de dinamización Linngua Galega @edlg.visma , Equipo de Biblioteca SPV@bibliotecasanpedrodevisma e o profesorado de Educación Física no que participa TODO O CENTRO
O noso OBXECTIVO é completar os 906 km que hai no #camiñonorte De Santiago, entre Irún e Fisterra
COMO O IMOS FACER⁉️ Camiñando por un camiño de 500 m. marcado no centro. Todo ese noso verde ten q ser aproveitado!!
QUE VAI IR PASANDO NO CAMIÑO⁉️ Q imos coñecer cidades, vilas e Moita xente!! Nenas e nenos de toda a cornixa cantábrica cos q compartiremos a nosa lingua, as nosas sementes e as nosas experiencias.
QUE BUSCAMOS⁉️ Desfrutar do aire libre Ser persoas activas! Non nos gusta o sedentarismo Coñecer persoas,lugares, linguas,culturas... Valorar o #camiñodesantiago , eixe cultural de Galicia @_xacobeo2021 SER EQUIPO. Iso é o q nos fai grandes no #spvisma