A SEMENTAR...
Coa lúa chea do próximo día 28 comeza o minguante de febrero. Tempo que imos aproveitar para facer sementeiros.
Podédelos facer na clase ou no exterior se o tempo o permite.
Tedes moitas posibilidades:
Para testos de grupo en clase que despois se transplantarían: allo-porro, leituga, aromáticas e todas as de flores, incluídas as semprevivas.
Estas son sementes moi pequeñas (para botar a presadas).
Para recipientes individuais (sementes máis grandes) para transplantar despois: cabaciña, acega, tirabeques…
Para botar directamente no exterior: ravos, remolacha vermella (gromos tenros), cenorias.
Se alguén precisa outro tipo de semente, que avise.
Para plantar, avisade: clase, tipo de cultivo, se se fai en clase ou exterior e o seguimento do cultivo; no caso de ser en testos, se o fariades na clase ou no invernadoiro.