Skip to Content

SEMANA INTERNACIONAL DAS PERSOAS XORDAS- REAFIRMANDO DEREITOS

 

No ano 1951, en Roma, celebrouse o primeiro congreso da Federación Mundial de Persoas Xordas (WDF). Co gallo desta data, dende 1958, na terceira semana do mes de setembro, celébrase en todo o mundo a Semana Internacional das Persoas Xordas.

O obxectivo é difundir, sensibilizar e concienciar á sociedade das necesidades e hetereoxeneidade da Comunidade Xorda.

Neste ano o seu lema foi: "REAFIRMANDO OS DEREITOS DAS PERSOAS XORDAS" e as celebracións estiveron marcadas pola situación de crise sanitaria que estamos a vivir. Por iso, a maioría das celebracións e actividades desenvolvéronse a través das Redes Sociais.

Velaquí uns exemplos:

CONFEDERACIÓN NACIONAL DE PERSOAS XORDAS (CNSE)

 

https://www.cnse.es/index.php/noticias/item/710-semana-internacional-de-las-personas-sordas-2020

 

FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA (FAXPG)

 

https://www.faxpg.es/dips-semana-internacional-educacion-2020-es.html

 

 

Dende o CEIP San Pedro de Visma, celebramos esta data con toda a Comunidade e apoiamos a súa loita pola INTEGRACIÓN, pola VISIBILIZACIÓN e pola DOTACIÓN DE RECURSOS para poder acceder á sociedade e á información en igualdade de condicións. 

 



blog | by Dr. Radut